Sin sección

Todo preparado para a IX edición de Porrigalia

Que se celebrará os vindeiros sábado, 12 e domingo 13,de xullo no Porriño

Todo preparado para a IX edición de Porrigalia

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da IX edición de Porrigalia, a festa dos Xogos Olímpicos do Porriño, que se celebrará os vindeiros sábado, 12 e domingo 13,de xullo e que converterá as rúas da vila nun escenario onde convivirán galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, que ademais competirán en probas olímpicas, desfilarán por toda a vila e animarán a veciñanza a desfrutar dunha programación chea de música, espectáculos, gastronomía e actividades para todas as idades.

O acto, celebrado na Praza Arquitecto Antonio Palacios, contou coa presenza de representantes da hostalería e do comercio local, así como das entidades sociais, culturais e deportivas que participan
activamente na organización desta edición. Acompañados tamén polos célebres Astérix, Obélix e Ideafix, deron a coñecer a programación que converterá O Porriño no epicentro da festa e da historia viva esta fin de semana.

Desfile con 200 persoas

Este ano, a festa contará cun gran desfile no que participarán máis de 200 persoas, distribuídas en 9 comparsas que representarán as distintas civilizacións. O pregón oficial será o sábado 12 ás 13:00 h, a
cargo do influencer Miguel Mandayo
, quen tamén acenderá a chama olímpica acompañado por Tonhito de Poi e Pepo Suevos.

O acalde, Alejandro Lorenzo, presente no acto, salientou o carácter participativo e colectivo da
celebración e aproveitou para facer un agradecemento público a todas as asociacións, ANPAS, clubes
deportivos, agrupacións culturais, comerciantes e hostaleiros do Porriño que fan posible esta festa.

Porrigalia é unha festa feita por e para a xente do Porriño. É unha mostra da nosa creatividade, do noso
humor e das ganas de pasalo ben en comunidade. Este ano teremos actividades para todos os públicos,
pensadas para compartir en familia e coas amizades. Quero agradecer de corazón o traballo e implicación de todas as asociacións, ANPAS, clubes deportivos, agrupacións culturais, comerciantes, hostaleiros, persoal municipal e voluntariado que fan posible que Porrigalia siga medrando ano tras ano”.


Tamén en vigoalminuto


PROGRAMACIÓN COMPLETA PORRIGALIA 2025

Sábado 12 de xullo

  • 11:30 h coa animación de rúa a cargo da Charanga Anchoa, Batucada Lenha Verde e Batucada da Asociación Cultural Miúdos, que percorrerán as principais rúas do centro.
  • 12:00 h terá lugar o gran desfile da chama olímpica, que sairá do templete da rede de San Luis e chegará á Praza Arquitecto Antonio Palacios, coa participación da Garda Romana (Legio X Gemina do Club Falcata) e a recepción oficial do Rei Castrexo Pepo Suevos, acompañado por Tonhito de Poi.
  • 13:00 h, o influencer Miguel Mandayo será o encargado de ler o pregón oficial e acender a chama
    olímpica
    , nun acto no que tamén terá lugar o destronamento simbólico do alcalde por parte do rei
    castrexo. A continuación, ofrecerase un concerto de Pink Porris, na mesma praza. Trátase dunha banda
    de punk rock local de Atios, O Porriño. Son coñecidos pola súa enerxía, a súa música parte o granito.
  • Ás 14:00 h, abrirán as tabernas da vila para o xantar popular e, ao mesmo tempo, desenvolverase un
    showcooking en directo, na Praza do Concello, a cargo do cociñeiro Julio Mato.
  • Pola tarde, desde as 18:00 h, haberá obradoiros infantís polas rúas e dúas sesións de exhibicións de
    voos de cetraría no Parque Infantil (ás 18:00 h e 19:00 h).
  • Entre as 19:00 h e as 22:00 h, diferentes DJs amenizarán varias prazas da vila, ao tempo que continúa a animación de rúa coa Charanga Fanfarria Furruxa, Charanga Os Caliqueños, Batucada Lenha Verde e Batucada Miúdos (de 19:00 a 23:00 h).
  • Ás 19:30 h, celebrarase na Praza do Cristo a tradicional competición das Olimpíadas Técnicas
  • ás 21:00 h o Mimo Karkocha levará o seu espectáculo itinerante polas rúas
  • seguirá ás 22:00 h, o grupo Os Mendigos ofrecerá un concerto de música medieval na Praza Arquitecto Antonio Palacios
  • ás 23:30 h. terá lugar a gran queimada popular, a cargo do mítico Rei Panoramix
  • por último, ás 23:45 h pechará a noite o concerto de Los Kabrönes!!! + sesión DJ na rúa Domingo Bueno.

Domingo 13 de xullo

  • o día arrincará ás 10:30 h co Gran Desfile Olímpico, desde o templete da rede de San Luis ata a Praza Arquitecto Antonio Palacios, coa participación das cinco civilizacións
  • Ás 11:00 h, celebraranse na Praza do Cristo as probas olímpicas protagonizadas polas comparsas de galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos, e ao mesmo tempo continuará a animación de rúa coa Charanga Turres Band, Charanga Sacacorchos e Batucada Os Vikingos
  • 12:30 h, o grupo Louband actuará en concerto na Praza Arquitecto Antonio Palacios
  • seguido, ás 13:00h. unha nova exhibición de voos de cetraría no Parque Infantil
  • Pola tarde, ás 18:00 h, repetirán os obradoiros infantís polas rúas e celebrarase un concerto infantil
    dobre, coa actuación da Orquestra de Camarote e do grupo Oviravai,
    tamén na Praza Arquitecto
    Antonio Palacios
  • Ás 18:30 h haberá unha nova sesión de voos de cetraría
  • e ás 19:00 h, os máis pequenos poderán participar na actividade “Gladiator Kids”, na Praza 8 de Marzo.
    Ás 19:30h. continuará a animación de rúa cos mesmos grupos da mañá
  • e ás 21:00 h celebrarase o concerto de Los Hijos del Acorde, de novo na praza principal.
  • Así, ás 22:30h. espectáculo final “Errantes” da compañía Troula Animación e a entrega simbólica do bastón de mando
  • finalmente, ás 23:00 h, o concerto de Ortiga + sesión DJ, tamén na Praza Arquitecto Antonio Palacios, porá o broche de ouro a esta novena edición de Porrigalia

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.