“Hoxe hai médicos en Galicia que atenden 50 persoas ao día. Así non hai sistema que resista. Catro minutos por paciente non é sanidade, é pasar lista”. Con esta advertencia, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou no Parlamento galego o deterioro da atención primaria e defendeu a necesidade de blindar por lei o dereito a ser atendido nun prazo máximo de 48 horas. A proposta do Grupo Socialista, que tivo o apoio do BNG, foi rexeitada polo PP.
A iniciativa incluía medidas como:
- Establecer legalmente un prazo máximo de 48 horas para obter cita en Atención Primaria.
- Recuperar as Xerencias de Atención Primaria, eliminadas polo PP en 2012.
- Fixar un número máximo razoable de consultas por profesional para garantir unha atención digna.
- Priorizar e reforzar os centros máis tensionados.
- Prohibir o uso de clínicas privadas como alternativa á atención primaria pública.
Besteiro advertiu que “a calidade está dentro do sistema, pero o acceso está roto. E iso é responsabilidade de quen xestiona”. E engadiu que «ter profesionais excelentes e recortar nos recursos ou organizar mal o sistema é como ter un Ferrari aparcado na porta e non ter as chaves. Un luxo desaproveitado, un servizo colapsado pola falta de planificación”.
“Non sei en que mundo viven vostedes”
Durante a súa intervención final, Besteiro interpelou directamente á deputada do PP, Encarnación Amigo, tras escoitala afirmar que o sistema funciona con normalidade, «non sei en que mundo viven vostedes, señora Amigo. Non pode dicir que a atención primaria funciona en Galicia porque non é verdade. E só poden dicir iso se non van aos centros de saúde”.
O líder do Grupo Socialista advertiu que o modelo do PP castiga os centros de saúde, afoga aos
profesionais e empurra aos pacientes cara á sanidade privada. “Recortan na pública e desvían á
concertada. É un modelo perverso que non busca resolver o problema, senón trasladalo”.
Tamén en vigoalminuto
- La Diputación firma un convenio con el Celta para crear una escuela de fútbol
- La Policía Nacional detiene al último implicado en varios robos y la sustracción de dos vehículos
- Caballero apoya la huelga de médicos y carga contra la Xunta por su “pésima actuación” en la sanidad
- Una investigación iniciada en O Porriño destapa una red que estafaba a bancos en toda España
- O documental ‘360 Curvas’ chega a Vigo cun pase único nos Cines Salesianos e coloquio co equipo
- O BNG propón dez medidas para transformar a mobilidade en Vigo: máis buses, billetes máis baratos e menos uso do coche
Peor no rural
Besteiro salientou que a situación é especialmente grave no rural, onde «hai concellos enteiros sen pediatra, con centros pechados durante días, ou con só un médico para centos de pacientes. Esa é a Galicia real. A que non sae nos anuncios de Rueda”.
“Non estamos pedindo nada extraordinario”
Besteiro defendeu que garantir unha cita en 48 horas “non é unha utopía. Xa existía hai non tanto.
O problema non é a falta de recursos, senón a falta de vontade política” e concluíu apelando á responsabilidade da Cámara, «isto non vai dun titular nin dunha campaña. Vai da nosa saúde e da sanidade pública que queremos para Galicia. Espero que hoxe esta Cámara estea á altura, porque hai moito en xogo. Galicia merece unha sanidade pública forte, digna e accesible”.







