A obra “Julio César”, dos portugueses Compañía do Chapitô, gañou o Premio do Público da 42 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Trátase dunha creación teatral baseada en eventos da vida deste personaxe histórico, inmortalizado por grandes narradores como Plutarco ou Shakespeare.
César Arias, encargado da distribución da obra, mostra a “alegría tremenda” de todo o equipo por ter recibido este recoñecemento. “O fenómeno Chapitô fideliza público e en Cangas ten un público absolutamente fiel”, afirma.
Esta é a terceira vez que a compañía lusa gaña o Premio do Público da Mostra. No ano 2014 recibira este mesmo recoñemento coa súa obra “Macbeth”. En 2019, repetiron o galardón con «Electra».
Conexión do público co seu tipo de humor
Sobre os motivos polos que Chapitô gusta tanto en Cangas, César Arias argumenta que seguramente se deba á gran conexión co tipo de humor que ten esta compañía, baseado en dramas. “Canto máis gorda é a barbaridade que narran, máis divertido o fan”, explica, Ao seu entender, “Chapitô ten un toque hiper especial para facer da traxedia e do drama unha comedia irresistible”. “Pero sempre sen perder a esencia”, engade. Arias destaca a “capacidade de chegar a todo o mundo dunha maneira tan clara, tan dinámica, absurda e marabillosa á vez”. E isto, segundo comenta o público sábeo e agradéceo moito.
Tamén en vigoalminuto
- Tui celebra a Festa do Miño con gastronomía popular, música en directo e prezos desde 1 euro
- O BNG leva ao Concello un plan para recuperar o Lagares, o río que máis plásticos verte á ría de Vigo
- Nueva batalla por Peinador: la Diputación pide unidad y Caballero dice que el PP «ha acabado cediendo»
- Abraham Mateo transforma Castrelos en una gigantesca pista de baile
- Las playas de Ribeira, Santa Marta y A Ladeira, en Baiona reabren al baño
- La Atención Primaria de Vigo agrava su crisis en verano: citas con cuatro semanas de espera
A obra…
A obra, que dirixen José C. García e Cláudia Nóvoa, estreouse en 2024 e continúa nos principais circuítos de teatro de España. Sobre o escenario, Jorge Cruz, Pedro Diogo e Susana Nunes. O encargado da distribución afirma que “traballar con eles é un luxo”.
…e a compañía
A Compañía do Chapitô, creada en 1996, valora a comedia polo seu poder de cuestionar todos os aspectos da realidade física e social. Desde a súa formación produciu preto de 40 creacións orixinais, presentadas en Portugal e por todo o mundo Alemaña, Arxentina, Brasil, Cabo Verde, China, Colombia, Costa Rica, Eslovaquia, España, E.U.A., Finlandia, Francia, Irán, Italia, Noruega, Rusia, Suecia e Uruguai.






