O porto da Guarda xa está listo para a XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, cunha carpa máis grande, de 1.200 metros cadrados, que abrirá este venres ás 12:00h. Xusto antes, ás 11:30h, o Grupo de Gaitas da Terceira Idade porán en aviso do comezo da festa cun pasarrúas para encher os recunchos da Guarda de Música.
A inauguración oficial da festa co pregón será ás 20:30h, cun persoeiro de luxo, Rafa Durán. O humorista e presentador de Baiona, será o encargado de dar a benvida a este 33ª edición da festa. Ademais, farase entrega da Langosta de Honra á Agrupación Musical da Guarda.



Concertos…
O exterior da carpa do porto converterase en escenario de tres concertos máis. A banda Meighalho, a Agrupación Musical da Guarda e O Sonoro Maxín, para gozar da mellor gastronomía con música durante todo o fin de semana.
…trapecistas
Ademais este ano a festa conta cun espectáculo moi diferente e dirixido ao público familiar, o sábado ás 20:00h. “Volando vengo!” de Kanbahiota, catro trapecistas que mesturan humor e acrobacias.
“A Festa da Langosta xa vai máis alá dunha carpa onde comer”, comenta o alcalde, Roberto Carrero, “este ano contamos con moita música, ademais gran parte dela de orixe local, e con espectáculo para desfrutar en familia dunha fin de semana espectacular”.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero apunta a que la Xunta podría estar frenando inversiones en Vigo con advertencias sobre la falta de agua
- Desvalijan cuatro veces una empresa de Ponteareas y venden el cobre robado por 1.700 euros
- Vigo participa en el mayor estudio europeo sobre la vigilancia del cáncer de colon
- Desirée Vila se suma a la marea azul de Vigo para una ‘Gran Recogida’ que todavía necesita voluntarios
- Que la espera no sea la respuesta: llamada a manifestarse en Vigo para defender la sanidad pública
- La banda que asaltaba chalés en Vigo acaba en prisión, tras una persecución policial con disparos en Coruxo
…singladuras…
Durante o sábado e domingo haberá saídas de navegación co volanteiro Piueiro tanto pola mañá (11:00 e 12:00h) como pola tarde (17:00 e 18:00h). A información e as reservas estarán dispoñibles no punto de información do interior da carpa.
… e centos de kilos de langosta
Nesta edición, o Concello da Guarda aposta por ampliar a festa tras os excelentes datos de asistencia o ano pasado, cando se venderon máis de 700 kg de langosta (270kg só o sábado ao mediodía). Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.
Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a langosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecen a langosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a langosta é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa desde hai máis de 70 anos.






