Cultura

Tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica da Rede SmartPeme+

Mira como podes inscribirte

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e con inscrición previa, celebraranse entre o martes 1 e o xoves 3 de xullo e afondarán en cuestións de grande interese como o deseño 3D, o comercio electrónico ou o márketing dixital, entre outras.

Martes, 1 de xullo

Celebrarase o obradoiro en liña “Impresión 3D no 2025, Slicers actuales 2/4, accións avanzadas”, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Barros-Meis. Os participantes aprenderán a dominar os slicers coa configuración avanzada para sacarlle o máximo partido as súas impresións 3D. Estará
impartido por Manuel Tornos, asesor do Centro de Educación e Formación de Barro-Meis con máis de 30
anos de experiencia en TIC, e as inscricións pódense realizar neste formulario.

Mércores, 2

En formato telemático ás 11:00 horas, terá lugar o obradoiro “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet” coordinado pola oficina de Cambados. Na sesión ensinarase a crear unha tenda en liña instalando esta ferramenta, dando a coñecer todas as súas características, pasarelas e formas de pago. Así mesmo, Jose Luis Taboada, asesor na propia oficina con máis de 25 anos de experiencia no sector e especialista en sistemas informáticos, afondará en como engadir produtos e xestionar pedidos. As inscricións pódense realizar premendo AQUí.


Tamén en vigoalminuto


Xoves, 3

Por último, o xoves 3 de xullo a Deputación organiza ás 12:00 horas o obradoiro tamén telemático “O teu plan de márketing dixital paso a paso”, da man da oficina de Pontevedra. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e cunha ampla traxectoria profesional asesorando a empresas no ámbito da comunicación e do márketing dixital, amosará que é un plan de márketing dixital, a súa importancia para conseguir bos resultados na contorna en liña e como crealo a partir dun exemplo real. As persoas interesadas pódense inscribir AQUí.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.