Rueda compromete 15 millóns para transformar a ETEA nun espazo urbano, social e científico

Inclúe a creación do Campus do Mar de Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe en Vigo que o Goberno autonómico ten comprometidos máis de 15 millóns de euros na transformación e recuperación do antigo complexo da ETEA. Rueda salientou a importancia de “revitalizar” esta zona para convertelo nun espazo urbano, científico e social á disposición de “Vigo, a súa comarca e toda Galicia”.

Durante unha visita ás obras do ámbito PS-6, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o xefe do Executivo autonómico puxo en valor a intervención xa en marcha, cun investimento da Xunta de 4,8 millóns de euros a finalización prevista para mediados de 2026.

Esta actuación, apuntou o presidente, permitirá dispoñer dun novo espazo urbano de 20.000 m2, centrado na mobilidade peonil, na conectividade verde e na calidade urbana, como paso previo á
construción da futura residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega, dotada con 150 prazas.
O proxecto inclúe tamén a renovación completa das redes de abastecemento, saneamento, electricidade, telecomunicacións e gas, contribuíndo á modernización dunha contorna ata agora infrautilizada.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visita as obras de urbanización da PS-6 nos terreos da ETEA en Teis-Vigo. ETEA (Vigo) 24/06/25.

Gran Campus do Mar

Rueda reiterou que todas estas actuacións forman parte dunha visión de futuro que ten como obxectivo final a creación do gran Campus do Mar de Galicia. Trátase dun proxecto estratéxico co que se «aspira a converter Vigo nun referente internacional en coñecemento, innovación e desenvolvemento científico e tecnolóxico vencellado ao mar».


Tamén en vigoalminuto


Convenio

Nesta liña, informou de que o Consello da Xunta xa autorizou a sinatura do convenio para a urbanización do ámbito PS-1, clave para dotar de servizos ao conxunto da ETEA e estruturar o futuro campus. A achega da Xunta a este proxecto ascenderá a máis de 10,5 millóns de euros, e só resta que o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca se incorporen ao convenio para poder formalizalo e avanzar nas actuacións.


Declaracións de Alfonso Rueda, hoxe en Vigo

O presidente insistiu en que a Xunta está preparada para asinar de inmediato, e subliñou que este tipo de proxectos demostran que, cando hai vontade política e responsabilidade institucional, as iniciativas saen adiante e redundan no benestar da cidadanía. “Ten que ser un traballo conxunto das administracións”, indicou.

Ademais da obra no PS-6 e da previsión de urbanizar o PS-, nas próximas semanas se iniciará a tramitación para rehabilitar o edificio da antiga panadaría (PS-5), co obxectivo de transformalo nunha cafetería aberta ao público, que contribúa a dinamizar a zona e a dotala de novos servizos.

Resposta do alcalde

Respondendo ás declaracións de Alfonso Rueda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reprochou á Xunta que «logo de ter abandonada á ETEA durante 15 anos, e outro máis agardando polo borrador do convenio, agora [Rueda] quere que o aprobemos nun mes».

Ademais, Caballero, subliñou que «Zona Franca pagará unha parte moi importante que tería que pagar a Xunta e non o fai, como sempre, Vigo pagando as cousas importantes«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.