Galicia

Un morto e 82 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas, a pasada fin de semana

Pontevedra foi a provincia con máis sinistros: 24

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 83 persoas debido a 62 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 20 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 22 de xuño. Precisamente, onte foi o día con máis sinistros, 24, e Pontevedra a provincia con máis accidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 16 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu en 3 ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 4 accidentes.

En 71 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.