O Concello de Covelo ven de rematar as obras de melloras no cemiterio municipal da parroquia de Casteláns. Consistiron na cubrición da totalidade dos panteóns que presentaban numerosas filtracións de auga, na instalación de recollidas de augas, mellora das drenaxes e o acondicionamento de aseos públicos adaptados. Para esta última actuación, utilizouse un espazo existente que estaba destinado na súa totalidade a almacén.
Dita obra, solicitada polos veciños e propietarios de sepulturas ante o perigo da estabilidade dos panteóns, foi financiada con cargo ao Plan +Provincia 2024 da Deputación Provincial por importe de 25.952,59 €.
Tamén en vigoalminuto
- Colchones, muebles y basura convierten una zona de Vigo en un vertedero ilegal
- Crece la presión sobre Caballero tras la imputación de su concejala de Seguridad por el caso “Saltamontes”
- La Policía desmantela dos ‘narcopisos’ en Vigo y detiene a cuatro personas
- Fin a la huelga médica: Xunta y profesionales pactan subidas salariales, 35 horas y mejoras en las guardias
- Toma nota: lluvia todo el fin de semana
- Detenido un fugitivo por agresión sexual que se cambió de género para intentar eludir a la Justicia
Esta actuación enmárcase dentro do plan de mellora de instalacións e adaptación á normativa dos cemiterios municipais de Piñeiro, Barcia de Mera, Covelo, Santa Mariña, San Salvador de Prado e Casteláns.






