Comarcas

Os II Premios Antonio Palacios distinguen o talento, o traballo e a vangarda

O Festival de Cans, a Imprenta Paz e Gráficas Bolfer, o Círculo Recreativo Cultural CRC,
Claudio Giráldez e Lola Magno, foron os premiados

A Praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu a gala dos II Premios Antonio Palacios, un acto cargado de emoción, identidade e recoñecemento ao talento porriñés nos ámbitos da cultura, a empresa, o compromiso social, o deporte e a memoria histórica. Centos de persoas reuníronse para celebrar o labor e a traxectoria dos premiados nunha xornada festiva que comezou pola mañá e se prolongou ata entrada a noite.

O día arrincou co II Concurso de Pintura Rápida “Pintando a Palacios”, seguido dun concerto da Agrupación Musical do Porriño. Xa pola tarde, entregouse o premio do certame pictórico e, a partir das 21:00 horas, deu comezo a gala central da xornada, conducida pola presentadora Icia Alcalde, coa interpretación do Himno Galego a cargo da Banda de Gaitas de Paramos e a proxección dun vídeo conmemorativo.

Festival de Cans: Premio á Cultura

O primeiro dos recoñecementos da noite foi o Premio á Cultura, que recaeu no Festival de Cans, unha iniciativa que transforma o Porriño nun referente do cinema galego, combinando vangarda, participación veciñal e identidade rural. Recolleu o galardón o director do festival, Alfonso Pato. O premio foi entregado por Bienvenido Estévez, Concelleiro de Cultura.

Imprenta Paz e Gráficas Bolfer: Premio á Empresa

A continuación, entregouse o Premio á Empresa, que foi para Imprenta Paz e Gráficas Bolfer, dúas empresas familiares cunha longa traxectoria vencellada ao desenvolvemento do tecido económico local. Foron recoñecidas polo seu compromiso coa calidade, a innovación tecnolóxica e o servizo á comunidade. A entrega deste premio correu a cargo de Carlos Martínez, Tenente-Alcalde e Concelleiro de Industria.

Compromiso Social: Centro Recreativo Cultural

O Premio ao Compromiso Social recaeu no Círculo Recreativo Cultural CRC, unha entidade histórica no municipio que ten servido como espazo de encontro e dinamización durante décadas. Recolleu o premio o seu presidente, Abel Gallego, e fixo a entrega Nava Castro, Deputada de Turismo.

Claudio Giráldez: Premio ao Deporte

No ámbito deportivo, o Premio ao Deporte foi concedido a Claudio Giráldez González, actual adestrador do Real Club Celta de Vigo e referente na formación de base e nos valores do deporte. O galardón foi recollido por un familiar xa que o premiado non puido asistir e enviou un vídeo de agradecemento. A encargada de facer a entrega foi Ana Ortiz, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

Lola Magno: Premio de Honra

O momento máis emotivo chegou coa entrega do Premio de Honra, concedido a título póstumo a Lola Magno, coñecida como “Lola a fotógrafa”, pioneira da fotografía no Porriño e autora dun arquivo visual irrepetible sobre a vida e evolución da vila. O premio foi recollido pola súa filla, Cristina Blázquez, e entregado polo alcalde, Alejandro Lorenzo.

No peche da gala, o alcalde agradeceu a presenza de todos os asistentes e “o exemplo de cada persoa e entidade premiada, que coa súa traxectoria dignifican o nome do Porriño e representan o mellor da nosa identidade”. Na súa intervención, salientou, ademais que «hoxe reafirmamos algo que os porriñeses sentimos cada día: que aquí hai talento, hai memoria e hai futuro. Estes premios non son só unha homenaxe a Antonio Palacios, senón tamén unha mirada cara a todo o que somos capaces de construír como comunidade.”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.