Galicia

Aberto dende este luns, e ata o 2 de xullo o prazo para cursar FP o vindeiro curso

Nalgunha das 49.164 novas prazas

Aberto dende este luns, e ata o 2 de xullo o prazo para cursar FP o vindeiro curso

A Xunta abre este luns, día 16, e ata o 2 de xullo, o prazo de solicitude para cursar unha titulación de formación profesional (FP) nas 49.164 prazas de novo ingreso habilitadas para o curso 2025-2026 -podes consultar AQUí toda a información-.

Aquelas persoas que estean interesadas poderán escoller entre 251 titulacións diferentes, 40 delas de nova implantación, repartidas en 159 ciclos de grao medio, básico e superior, 28 másters, 31 títulos de alta especialización, 18 formacións aceleradas (de nova implantación) e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.

Prazas

Así, para axilizar ao máximo o proceso de admisión e matrícula, este ano por primeira vez os tres períodos de adxudicación de prazas concentraranse no mes de xullo (ata o de agora había unha adxudicación en setembro).

OfertaPresentación de SolicitudesResolución provisional de solicitudes1ª Adxudicación de prazasPeríodo de matrícula para as persoas admitidas (1ª adxudicación)
Ordinaria/modularDo 16 xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h.8 de xullo15 de xulloDo 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h.
FP Dual IntensivaDo 16 de xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h.4 de xullo15 de xulloDo 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h.
Másteres de FPDo 16 de xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h.8 de xullo15 de xulloDo 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h.
Formacións AceleradasDo 16 de xuño ás 09:00h. ao 2 de xullo ás 13:00h.4 de xullo15 de xulloDo 15 de xullo desde as 09:00h. ao 18 de xullo ás 13:00h.

A primeira adxudicación de prazas realizarase o 15 de xullo, a segunda o 22 de xullo e a terceira o 29 de xullo. Tras estas tres adxudicacións, do 1 ao 26 de setembro seguirá aberta a adxudicación continua desde os propios centros educativos naqueles ciclos formativos onde queden prazas vacantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.