O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo vén de advertirlle ao Goberno municipal de Abel Caballero de que non pode volver licitar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) «en condicións de precariedade e baixo custe».
Así o trasladou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após manter esta mañá unha xuntanza con representantes do Comité de Empresa do SAF, na que participaron as sección sindicais da CIG, CGT e UGT.
Un servizo esencial
Igrexas subliñou que «o SAF é un servizo esencial para a atención de persoas maiores e dependentes», lembrando que na nosa cidade hai preto de 8.000 persoas con algún grao de dependencia recoñecida e son máis de 14.000 os e as maiores de 65 que viven soas.
Tamén en vigoalminuto
- La estatua de Iago Aspas costará 295.000 euros: 200.000 para hacerla, 80.000 para llevarla y 15.000 en premios
- El lunes empieza a funcionar el hospital de día médico del Cunqueiro para evitar ingresos y aliviar las Urgencias
- O Porriño se prepara para cuatro días de fiestas con SÉS, D. Valentino, Kate Ryan, Gisela y Panorama
- La Diputación amplía hasta 2027 el plazo para que el Concello de Vigo no pierda 4,15 millones en dos obras
- Vigo se queda a cero en el último reparto de policías: 710 agentes y ningún refuerzo
- O Camiño Portugués da Costa supera en Vigo os 90.000 peregrinos e supera o rexistro de todo 2025
Anulación dos pregos propostos polo Concello
Así, diante da anulación, por resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galiza (Tacgal), dos pregos cos que o Concello de Vigo estaba a tramitar a licitación da xestión do SAF, cuxo actual contrato presta Servisar (do grupo DomusVi) e que vai concluír o 30 de novembro, o BNG defende que esta situación é unha «oportunidade para poñer fin á brutal precariedade que se padece no servizo» e critica a «aberta complicidade» do goberno municipal nesta situación, por «consentir graves incumprimentos e abertas vulneracións dos dereitos laborais».

‘Atrasos salariais e contratos fraudulentos’
Unha situación marcada, segundo enumerou Igrexas, pola «existencia de atrasos salariais desde xaneiro», sendo o SAF de Vigo «o único de toda Galiza no que as súas traballadoras inda non recibiron as actualizacións do IPC». Aliás, denuncia a existencia de «contratos fraudulentos, cunha maioría de xornadas parciais en quendas partidas, en contra do previsto no convenio colectivo».
Sobrecarga, insuficiencia de axudas técnicas
O portavoz municipal nacionalista tamén aludiu á «enorme sobrecarga» que padecen as máis de 600 traballadoras do servizo, agravada pola insuficiencia de axudas técnicas e medidas ergonomía, A isto engádese, que non se está compensando adecuadamente os custes de desprazamento, e a ausencia ilegal dunha verdadeira avaliación de riscos laborais.
1.200 usuarios e usuarias
É por iso que desde o BNG demandan un «xiro radical de 180º» apostando en dimensionar e alargar o SAF, que neste momento apenas conta con 1.200 usuarias e usuarios e xa ten consumido o cento por cento das horas dispoñíbeis o que impide novas altas malia existir unha ampla lista de agarda. «É inaceptábel que haxa persoas que morren sen ter logrado recibir nin unha soa hora de SAF», remarcou Igrexas.
Nese sentido, esixen do Goberno municipal que atenda as demandas do persoal para evitar que se volva licitar «un SAF precario e a baixo custe» e defenden que é o momento de estudar, a serio, a posibilidade de remunicipalizar o SAF para que a súa xestión sexa asumida por unha empresa pública municipal.






