O Concello do Porriño vén de dar un paso clave cara ao saneamento total do municipio coa aprobación e licitación do proxecto de instalación da rede de saneamento nos núcleos de O Seixo e Arrotea, nas parroquias de Pontellas e Torneiros.
Esta actuación, considerada prioritaria polo Goberno local, supón un investimento total de 191.033,26€, IVE incluido, e permitirá dotar de rede de sumidoiros a vivendas que ata o de agora non contaban
con este servizo esencial. O prazo previsto de execución é de 4 meses e actualmente o proxecto atópase en fase de licitación.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta que «seguimos investindo nas parroquias porque son parte esencial do noso municipio. Esta obra supón un paso máis cara ao obxectivo de acadar un Porriño con saneamento universal, vivas onde vivas”.
Máis de 1.000 metros de tubaxe e 41 pozos de rexistro
O proxecto contempla unha actuación integral que abrangue:
- Instalación de 4 colectores principais e ramais auxiliares (1A, 2A, 3A e 4A).
- 1.028 metros lineais de tubaxe de PVC SN4 de entre 160 mm e 315 mm de diámetro.
- 41 pozos de rexistro prefabricados de formigón armado (HM).
- Acometidas individuais de saneamento en PVC de Ø160 mm.
- Soterramento en gabias sobre cama de area, con pendentes do 1 ao 15% e profundidade
mínima de 1,5 metros.
Unha vez completada a instalación da rede, procederase á repavimentación dos camiños afectados con mestura bituminosa en quente tipo AC16 SURF 50/70 S de 5 cm de espesor, e á reposición da sinalización horizontal e marcas viais.
Tamén en vigoalminuto
- La acampada por la vivienda ya tiene fecha para levantar sus tiendas
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo
- La Xunta acepta reunirse con el Concello por el Mundial 2030… siempre que participe el Gobierno de España
Investimento estratéxico para a igualdade territorial
Esta actuación inscríbese na estratexia global do goberno municipal para garantir que todas as parroquias conten con infraestruturas básicas de calidade, co obxectivo de acadar un Porriño con saneamento universal antes do remate do mandato. “O saneamento é unha prioridade para este goberno. Non é só unha obra, é unha cuestión de dignidade, saúde pública e respecto polo medio ambiente”, concluíu o rexedor.






