O Concello de Redondela vén de instalar cámaras para controlar o acceso ao casco histórico. Dende o Goberno municipal lembran que as restricións de tráfico no casco histórico comezaron xa en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos das limitacións establecidas son moi frecuentes, “o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e unha inseguridade para os peóns”,
Estas cámaras -ás que só teñen acceso as forzas de seguridade- teñen como obxectivo facer do casco histórico unha zona máis accesible. Deste xeito, os visores están nos puntos do casco vello recomendados no estudo realizado pola Policía Local: praza da Constitución, na rúa Prata, rúa Pai Crespo e rúa Campo das Redes.
Tamén en vigoalminuto
- Lluvia toda la semana
- La acampada por la vivienda ya tiene fecha para levantar sus tiendas
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo
Só en probas
Nesta primeira fase as cámaras só funcionan en probas, para monitorear e cuantificar o tráfico que circula por estas rúas. Posteriormente as cámaras de tráfico servirán para verificar que só circulan polo caso histórico os vehículos autorizados, xa que identificarán as matrículas. Antes de que a o sistema de control por cámaras entre oficialmente en funcionamento, «desde o Concello informarase á cidadanía con detalle do seu funcionamento e das restricións no acceso».

Nunha nota, o Goberno local indica que este novo sistema evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico. As cámaras servirán para previr o estacionamento indebido e «axudarán a que as rúas sexan máis seguras«. Os dispositivos terán tamén un efecto disuasorio ante actos incívicos e de vandalismo que ocasionan molestias aos residentes. No caso de áreas delicadas, as cámaras axudarán a protexelas e, no caso de rexistrarse algún problema, a axuda chegará antes, xa que estarán conectadas á policía.






