A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, presentou este mércores na sede de Vigo a nova directora de Deportes, Xisela Aranda, que se incorpora á institución provincial tralo seu paso polo Consello de Administración do RC Celta, do que formaba parte desde finais de 2023 e no que destaca o seu rol na creación das Celtas. “Os equipos refórzanse no verán e nós fixemos esta fichaxe ás súas portas”, valorou a vicepresidenta.
Luisa Sánchez sinalou que o nomeamento de Aranda como directora de Deportes é “un momento
importante para a Deputación” co que se culmina “un proceso que iniciamos fai aproximadamente un mes para a provisión deste posto co sistema de libre disposición”.
A vicepresidenta sinalou que se presentaron 11 persoas, das cales sete cumpriron todos os requisitos, que foron revisados por un órgano técnico. “Xisela Aranda vén a reforzar a área de deportes da Deputación, que é ademais a máis estratéxica de todas as do noso goberno”.
Sánchez indicou que “estabamos buscando un perfil que xa dinamizara e xestionara proxectos
deportivos con éxito, que fose unha persoa que vive por e para o deporte e que ademais tivese experiencia tanto en deportes maioritarios, como neste caso o fútbol, e outros minoritarios, como o squash onde chegou a ser 11 veces campioa galega e tamén campioa española”.
Tamén en vigoalminuto
- La Comisión Europea prioriza el AVE Madrid-Lisboa y deja en el aire la conexión Vigo-Oporto
- Down Vigo estrena su nueva sede en el Casco Vello, con más de 1.100 metros cuadrados
- El Concello de Vigo tendrá que garantizar que el ruido de Navidad no vulnere los derechos de una vecina de Areal
- El alumnado del CIFP Manuel Antonio convoca huelga para exigir clases seguras y libres de amianto
- Más de 700.000€ para la nueva cubierta y el césped artificial del campo de fútbol de Samil
- La Policía desarticula en Vigo y Nigrán una organización dedicada al tráfico de cocaína y marihuana
Empatía cos deportistas e as súas carencias
Pola súa parte, Xisela Aranda agradeceu a Deputación “por considerar o meu proxecto” e puxo en valor
que, como directora de Deportes, “incorporarei o meu punto de vista como deportista que viviu a base e o alto rendemento”. Neste sentido, considerou que “empatizo cos deportistas, sei das necesidades e
carencias que pasan, e sei o que é viaxar soa enfrontándote a que che falte a ilusión por continuar”. Por iso, asegurou, “é fundamental poñer os deportistas no centro para que todos os que estamos arredor rememos na mesma dirección, para coñecelos, saber das súas necesidades, axudalos e que confíen en nós”.







