A provincia de Pontevedra segue a manter un ritmo de crecemento constante en canto ao turismo estranxeiro, desde que comezou o ano. Neste caso, a Deputación confirma “cifras de récord” en canto aos visitantes internacionais que percorreron a provincia en abril, que representan xa o 44% do total de turistas que visitan Rías Baixas e supón un incremento do 28% con respecto ao mesmo mes do 2024.
“Sen dúbida algunha, estes datos revalidan que o obxectivo de internacionalización que nos marcamos na nosa estratexia de turismo e a promoción do destino que temos realizado en Londres ou, entre outras cidades, Berlín vai, pouco a pouco, dando os seus froitos”, subliñou o presidente da Deputación Luis López.
Datos do INE
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a provincia rexistrou en abril un 15% máis de viaxeiros que con respecto ao mesmo mes do 2024 representando estes, ademais, o 32% dos que visitan Galicia. En liñas xerais, fronte ao 44% de turistas estranxeiros, o 56% das persoas que se achegan ata Rías Baixas son españois, o que supón un incremento do 9,5% con respecto aos visitantes nacionais que o fixeron o pasado ano.
Tamén medrou a porcentaxe de ocupación hoteleira, que se mantivo ao longo do mes de abril no 40% o que supón un 7% máis que o rexistrado no mesmo mes do 2024. Ademais, a ocupación media de abril do 2025 foi superior á media en localidades como Pontevedra ou Sanxenxo.
Maio
No que respecta a este mes de maio, e a falta dos datos do INE que se pecharán a finais de xuño, a oficina de turismo do Palacete das Mendoza recibiu a un total de 10.200 visitantes. Neste caso, detéctase novamente un incremento do turismo estranxeiro –Alemaña, Estados Unidos e Reino Unido-, representando xa o 50% dos rexistrados na oficina, a mesma porcentaxe que os españois –Madrid e
Barcelona, principalmente-.
Tamén en vigoalminuto
- Javier Bas, “los tres partidos que han llevado a Redondela a esta situación, son los responsables de sacarla de ella”
- Aberto o prazo para participar nas novas Lanzadeiras de Emprego de Galicia
- La Asociación para a Defensa da Sanidade Pública llama a movilizarse contra las listas de espera
- O sindicato CUT denuncia como “engañosa” a apelación de Stellantis á flexibilidade e redución de custos
- Trece persoas desempregadas incorpóranse á plantilla municipal do Porriño
- Las voces y los bailarines del Programa Conexións inundarán Príncipe
Castelos de Soutomaior e Sobroso
Ademais, en maio os castelos de Soutomaior e Sobroso, “bastións do turismo na provincia de Pontevedra”, tal e como remarcou o presidente Luis López, sumaron un total de 3.000 visitantes: 2.000 o de Soutomaior e 1.000 o de Sobroso.
E percorreron as diferentes vías que atravesan a provincia cara Compostela preto de 23.000 peregrinos, sendo a máis transitada o Camiño Portugués (10.920), seguido do Camiño Portugués pola Costa (10.235), a Vía da Prata (1.090) e o Camiño de Inverno (362).