O Concello de Salceda de Caselas vén de botar a andar “Aula Século XXI”, un novidoso proxecto que consiste no acompañamento psicolóxico a menores de entre 6 e 17 anos de idade. A profesional apoia, orienta e asesora á poboación infanto-xuvenil con diversas problemáticas psicosociais como as denominadas “adiccións dixitais”, e integra no proceso ás familias e outros axentes sociais, para garantir un enfoque participativo e asegurar a mellora en tódalas contornas. Este programa de carácter gratuíto fora unha proposta electoral de Movemento Salceda, grupo que forma o equipo de goberno da localidade, e agora faise realidade.
Traballo en rede
O traballo en rede está sendo fundamental para o bo desenvolvemento do proxecto. Os servizos sociais comunitarios e o equipo directivo e de orientación do CEP Altamira e do IES Pedras Rubias colaboran para a derivación da rapazada que máis poida precisar deste servizo.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, subliña que «a saúde mental é unha prioridade para este goberno. A nosa infancia e mocidade son o noso futuro e precisamos estar á altura das súas necesidades”.
Funcionamento
Cada menor conta cunha avaliación cognitiva, conductual, neuropsicolóxica e emocional co fin de establecer un posible diagnóstico e o seu posterior tratamento. A psicóloga que desenvolve a acción aposta por accións baseadas na Terapia Familiar Sistémica e a Terapia centrada en Solucións, que buscan atopar ferramentas, potenciar habilidades e buscar recursos do propio paciente, na procura do benestar psicoemocional. Unha acción que busca mellorar o cumprimento da LOPIVI (Ley Integral de Protección a la Infancia y la Adolescencia frente a la Violencia) aprobada en xuño do 2021 na que se establecen unha serie de medidas de protección, detección e intervención para evitar a violencia e exclusión na infancia e mocidade.
Tamén en vigoalminuto
- Las playas de Ribeira, Santa Marta y A Ladeira, en Baiona reabren al baño
- La Atención Primaria de Vigo agrava su crisis en verano: citas con cuatro semanas de espera
- “Mientras Caballero coloca luces en julio, las alcaldesas de A Coruña y Santiago trabajan por sus aeropuertos”
- Nigrán converterá os antigos cines da Ramallosa nun espazo con auditorio e sala de proxeccións
- Hallan muerta a Carmen López Rebolo, la joven desaparecida en Lugo el pasado 21 de julio
- “No estaba preparado”: la joven de Vigo que acabó bailando con Chayanne
Importancia da familia
As familias teñen un peso fundamental nesta aula Século XXI xa que forman parte do proceso. Participan en diferentes sesións nas que reciben un asesoramento sobre os procesos vitais. Isto axúdalles a mellorar a comprensión das dificultades das súas crianzas para unha boa xestión e aproveitamento dos medios persoais e interpersoais.
A Aula Século XXI súmase un novo servizo municipal de atención á infancia aos xa presentes:
- Servizo de Logopedia e Pedagoxía que atende actualmente a 25 menores de entre 6 e 12 anos de idade
- Servizo de Atención Temperá que atende actualmente a 90 familias






