O Concello de Gondomar a través da Concellería de Xuventude, quere proporcionar á mocidade unha serie de iniciativas que promovan o benestar emocional e desenvolvan habilidades para o seu futuro. A partir do luns,día 26 de maio -e ata o 13 de xuño- ábrese o prazo de inscrición para solicitar participar nas distintas actividades, nas que, «ademais de diversión podedes atopar creatividade, traballo en equipo, comunicación efectiva, exercicio físico, contacto coa natureza, música e moito máis».
As propostas para este ano 2025 son
- Curso Surf de 12 a 14 anos
- Curso de Escalada de 13 a 17 anos
- Curso de lingua Signos de 13 a 17 anos
- Campamento dixital de 14 a 17 anos.
- E o 12 de setembro unha Tarde Fachera-Tarde Freestyle con Show de Freestyle, Obradoiros, DJ e máis sorpresas.
Otras noticias
- Informe del Colexio de Xornalistas sobre el Concello de Vigo: fuentes inaccesibles, declaraciones enlatadas y un alcalde que no responde preguntas
- Vigo entra en alerta preventiva por la escasez de agua y la Xunta declara la sequía prolongada en 74 concellos
- La estatua de Iago Aspas costará 295.000 euros: 200.000 para hacerla, 80.000 para llevarla y 15.000 en premios
- El lunes empieza a funcionar el hospital de día médico del Cunqueiro para evitar ingresos y aliviar las Urgencias
- O Porriño se prepara para cuatro días de fiestas con SÉS, D. Valentino, Kate Ryan, Gisela y Panorama
- La Diputación amplía hasta 2027 el plazo para que el Concello de Vigo no pierda 4,15 millones en dos obras
Trámite e horarios
Pódense solicitar os anexos -Oficina OMix, Rexistro Xeral Concello, Páxina Web concello- e unha vez cubertos e coa documentación, hay que presentala presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00h ou a través da Sede Electrónica dende as 0:00 h. do 26 de maio ata 23:59 h. do 13 de xuño.
Para máis información chama ao teléfono 986.369.746 Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).






