O Concello do Porriño vén de iniciar as obras para construír unha pista multideporte nunha das zonas máis céntricas e transitadas da vila, nas inmediacións da Avenida de Galicia. A actuación dá resposta a unha das peticións máis reiteradas da mocidade e da veciñanza en xeral: contar con máis espazos ao aire libre onde practicar deporte de forma libre, segura e accesible.
A nova pista contará cunha superficie de 20 x 12 metros e estará equipada con céspede artificial de alta calidade, converténdose nun espazo versátil para a práctica de distintas actividades deportivas.
Aparcadoiro público gratuíto
O espazo escollido para a instalación conta xa cunha parte habilitada como aparcadoiro público gratuíto. A actuación foi deseñada co obxectivo de integrar a nova pista sen afectar ao uso actual da parcela, redistribuíndo os espazos de maneira eficiente. Isto permitirá manter o estacionamento dispoñible para os veciños e veciñas ao tempo que se gaña un novo punto de actividade física e encontro social.
“Seguimos traballando para transformar Porriño nun lugar máis amable e dinámico, cunha aposta clara pola creación de espazos públicos que fomenten o benestar da cidadanía”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo. “Esta pista multideporte será un recurso fundamental para que os mozos e mozas teñan unha alternativa de lecer saudable a pé de rúa, preto das súas casas”, engadiu.
Pola súa parte, o concelleiro de Parques, Marcos Martínez, pon en valor o carácter estratéxico da actuación e anunciou que non será a única deste tipo,»con esta pista damos resposta a unha demanda real e urxente da rapazada, pero o noso compromiso vai máis alá: queremos estender este modelo de instalacións deportivas por todo o municipio”.
Tamén en vigoalminuto
- La Xunta licita 73 nuevas viviendas públicas en Navia mientras construye ya 309 pisos en Vigo
- El megacrucero ‘Liberty of the Seas’ llega por primera vez a Vigo con 3.200 pasajeros y 12 escalas previstas
- Vigo estrena su I Gala del Turismo con premios al sector y reivindicación de su crecimiento turístico
- Más trenes y más plazas en Galicia: Renfe refuerza el eje Vigo–Santiago–A Coruña con un aumento del 24%
- Heroína, cocaína y armas en Vigo: desarticulado un punto de droga en la Avenida de la Florida
- Denuncian que Digna Rivas deixa a Chapela sen traballadora social «durante meses»
Operativa nos próximos meses
O investimento total da actuación supera os 17.600€ e inclúe os traballos de preparación do terreo, subministro e colocación de zahorra, céspede artificial, materiais deportivos e elementos de seguridade viaria. A previsión do Concello é que a pista estea completamente rematada e operativa nos próximos meses.







