Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 65 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, entre as 3 da tarde do venres, 16, e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 18 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 sinistros.
A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico e os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71.
Outras novas
- Marisquiño recupera el espectacular MTB Downtown, que volverá a transformar el Casco Vello
La prueba se celebrará el 8 de agosto con un recorrido de un kilómetro entre O Castro y A Laxe - Alerta da presión sobre o leite: denuncian unha caída de prezos que afoga ás granxas galegas
Galicia é a comunidade máis afectadas pola guerra de prezos na distribución, cunha baixada do 12% no leite en orixe - El Gobierno confirma que la Biblioteca del Estado sigue pendiente de la cesión de los terrenos por parte del Concello
En un documento del pasado día 27 de mayo
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 2 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 59 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.
En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
