Comarcas

O TSXG confirma a ilegalidade do posto de asesora municipal do BNG de Redondela

A oposición pide á alcaldesa de devolva do seu peto o cobrado por esta persoa

O TSXG confirma a ilegalidade do posto de asesora municipal do BNG de Redondela

A Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ditaminar e confirmar a ilegalidade do posto de asesora do BNG de Redondela, proposto no seu día pola alcaldesa, e aprobado no Pleno da Corporación de 1 de agosto de 2023 por PSOE, Bloque Nacionalista Galego e AER, co voto en contra do Grupo popular.

Doble sentenza xudicial

Os populares presentaron un recurso de reposición deste nomeamento, receitado polos mesmos grupos o 28 de setembro daquel mesmo ano e, á vista delo, o PP decidiu acudir á xustiza, que ditaminou a ilegalide dese cargo de asesora: primeiro por sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo e agora polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que tamén condena ao Concello ao pago das costas.

Nesta liña, Javier Bas, portavoz municipal popular lembra que “no pacto entre PSOE e BNG para a investidura de Digna Rivas como alcaldesa foi decisiva a concesión dunha adicación parcial cunha remuneración do 60% cifrada en 16.200 euros brutos anuais a prol dunha persoa liberada para o Bloque”.


Tamén en vigoalminuto


“Compra da Alcaldía”

Deste xeito, engade Bas, “esta situación revela como Digna Rivas e o PSOE, que perderon as eleccións, mercáronlle ao Bloque os votos que precisaban para acceder ao Goberno local con diñeiro de todos os veciños de Redondela e, para máis inri, cun nomeamento ilegal”.

Os populares engaden que, segundo o recollido na sentenza, a alcaldesa efectuou un nomeamento dunha persoa de confianza sobre a que non ten ese vínculo, “por moito que o BNG apoiara a súa investidura”, xa que este grupo non pertence ao Goberno municipal, e ademais “dito cargo non obedece ao interese xeral en beneficio do Concello de Redondela, senón exclusivamente a garantirse os votos
da investidura tendo contento ao Bloque, o que demostra que estamos ante unha práctica política totalmente noxenta”.

Petición para que a Digna Rivas devolva os cartos

Javier Bas apunta que a alcaldesa acaba de cesar a esta asesora tras unha petición dos populares e, sobre todo, “despois da ruptura de relacións e do forte enfrontamento PSOE-BNG das últimas semanas”, e insiste en que se produciu unha “compra espuria” do Goberno local. Polo tanto, esixe que Digna Rivas dea explicacións sobre este caso e afronte a depuración de responsabilidades, “comezando, polo menos, por devolver do seu propio peto a cantidade cobrada por esta asesora do BNG, así como os impostos e cotizacións á Seguridade Social, durante case dous anos e facer o propio cos gastos xudiciais deste proceso”.

Crise institucional

Por último, Bas considera que esta sentenza agrava aínda máis a “forte crise política e institucional” que padece o Goberno municipal e o Concello de Redondela tras a perda de confianza da alcaldesa pola
maioría do Pleno na sesión celebrada o pasado luns e insiste en que “a situación é totalmente insostible e ingobernable”.

Así mesmo, o ex alcalde lamenta que “cada día que pasa aparece un escándalo, unha polémica ou, directamente, unha ilegalidade”, polo que lles demanda a PSOE,BNG e AER que “aclaren dunha vez por todas cal é o seu plan para rematar o mandato con certa estabilidade porque están actuando cunha
irresponsabilidade absoluta cara os redondeláns”.

Te podría interesar