O Porriño celebra este sábado, 3 de maio, o Festival Folclórico das Asociacións Culturais e Veciñais. A cita desenvolverase a partir das 19:00 horas na Praza Antonio Palacios e converterá este emblemático espazo nun escenario de encontro coa tradición e co folclore galego, da man de diferentes agrupacións do municipio que traballan na preservación e difusión da nosa cultura popular.
Para o alclade, Alejandro Lorenzo, “a celebración deste festival é unha oportunidade para recoñecer o labor das asociacións culturais que manteñen vivas as nosas tradicións. É tamén un momento para reforzar a identidade colectiva e o orgullo de pertencer a unha vila con tanta riqueza cultural”.
Durante a tarde, o público poderá gozar das actuacións do Grupo Cantareiras da Forna Budiño, o Grupo de Gaitas de Chenlo, o Grupo de Cantareiras de Carracido, o Grupo Acordecans e Os Penedíños de Atios. Todos eles ofrecerán unha mostra do seu repertorio tradicional, nunha cita que promete música, cor e sentimento de pertenza.
A organización do festival é froito da colaboración entre o Concello do Porriño e as propias asociacións culturais e veciñais, que suman esforzos para que esta xornada se converta nun punto de encontro para a veciñanza.
Tamén en vigoalminuto
- Pedro Sánchez reivindica en Vigo el papel de la industria aeroespacialHa estado en Delta, empresa que ha recibido 4,5 millones de euros del PERTE Aeroespacial y otros 700.000 euros del PERTE del Vehículo Eléctrico y Conectado (VEC)
- Mondariz-Balneario reúne este fin de semana a representantes de toda España para evaluar Vacaciones en PazN.Fernández | vigoalminuto Mondariz-Balneario se convertirá este fin de semana en el centro estatal de evaluación del programa Vacaciones en Paz, que cada verano permite que niños y niñas saharauis procedentes de los campamentos de refugiados de Tinduf sean acogidos durante los meses de julio y agosto por familias de distintas comunidades autónomas. El Hotel … Continue reading Mondariz-Balneario reúne este fin de semana a representantes de toda España para evaluar Vacaciones en Paz
- O BNG denuncia ante Patrimonio a oficina comercial do Barrio do Cura nun espazo protexidoOs nacionalistas reclaman os permisos da instalación no Paseo de Afonso
- Vigo mezcla música y marisco este viernes: cinco grupos y tres food trucks en la Porta do SolMientras tres cocinas móviles servirán pinchos de merluza, pulpo y gambón a cinco euros
- Vigo volve á rúa pola vivenda: «As medidas de emerxencia non abondan»A Alianza pola Vivenda de Vigo convoca este sábado unha manifestación desde Vía Norte para reclamar medidas estruturais
- El alcalde responde a la Xunta por los 78 millones bloqueados: «si no fuera tan importante, sería propio del Club de la Comedia»Caballero niega que el Concello haya paralizado los proyectos
Lorenzo subliña que “eventos coma este fortalecen os lazos entre parroquias e xeran espazos de convivencia arredor da nosa cultura, algo fundamental para seguir construíndo unha sociedade cohesionada e orgullosa da súa historia”.






