Destacados Vigo al minuto

Traballo digno e ‘Non á guerra’, lemas das manifestacións en Vigo do 1º de Maio

Estas son os lugares e saídas das mobilizacións na cidade

A Central Unitaria de Traballadoras convoca mobilizacións no Día da Clase Traballadora en Compostela, Vigo e A Coruña baixo o lema “Traballo digno. Non á guerra imperialista da UE e a OTAN”.

En Vigo a manifestación partirá as 11:00h. da praza Fernando Católico– na Coruña ás 12:30 h da
Praza de Pontevedra; en Compostela terá lugar unha concentración ás 12:30 h na Praza 8 de marzo-.

Dende a CUT fan un chamamento conxunto a toda a clase traballadora a saír ás rúas neste 1 de maio «dicindo, alto e claro, que a escalada bélica proposta pola OTAN dos EEUU e a UE obedece ás ansias do capital de seguir acumulando riquezas; nada ten que ver con supostos valores democráticos ou a conquista de dereitos e liberdades, todo o contrario».

Os responsábeis da CUT subliñan que «a clase traballadora debe ter no seu horizonte un rotundo NON Á GUERRA IMPERIALISTA, porque ao berralo alto e claro estamos a defender non só a paz, senón tamén o traballo digno, os servizos públicos dignos, o dereito á vivenda, a liberdade, a xustiza e a democracia«.


Outras novas


UGT e Comisións Obreiras

Pola súa banda, UGT y Comisións Obreiras (CCOO) sairán conxuntamente dende Vía Norte ás 11:30h., completando as mobilizacións anteriores para acadar a xornada laboral de 37,5 horas semanais e reclamar subidas salariais.

Como no caso da CUT, reivindicarán a paz, o fin do xenocidio en Gaza e o remate da ocupación rusa de Ucraína.

CIG

A manifestación convocada pola CIG partirá ás 12:00 horas dende A Doblada baixo o lema “Traballo, dereitos e soberanía. Galiza contra as guerras”. El sindicato nacionalista critica que as políticas da Xunta “provocan pobreza e desigualdade, desmantelando servizos públicos e pensións e agravando a desertización industrial e social de comarcas enteiras».


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.