A Xunta abre este luns, día 21, o prazo de inscrición para participar nunha nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, cuxa primeira quenda se celebrarán en maio e xuño.
Trátase de primeira convocatoria para este ano dos cursos gratuítos dirixidos a motoristas e que a Xunta desenvolverá ao longo dos próximos dous anos, ata sumar en total, 32 novos cursos, nos que poderán participar un total de 640 motoristas.
Maiores de 18 anos con carné de moto
Nesta convocatoria celebraranse 4 cursos gratuítos de condución segura de motos, que se impartirán en dúas quendas diarias, en Curtis, Pontevedra e Ourense. Estes cursos gratuítos están dirixidos a persoas maiores de 18 anos con permiso de condución de motocicletas (3 anos de experiencia no caso de permiso B), que desexen mellorar o control da motocicleta e conducir de forma máis segura.
Outras novas
- El marisco que consumes contiene microfibras: un estudio detecta microplásticos en mejillones, ostras y almejas
- Caballero vuelve a denunciar que Xunta y Diputación quieren cerrar Peinador
- Así cambiará Rosalía de Castro en Vigo: más espacio peatonal, sombra y menos tráfico
- O Porriño transformará Torneiros: novos parques, estanque e zonas verdes
- El Casco Vello de Vigo recuperará un inmueble emblemático de la Rúa Real, para vivienda protegida
- Detenido en Vigo un fugitivo de Interpol acusado de estafar más de 600.000 euros con un sistema piramidal
Inscricións
Os interesados poden inscribirse, desde o luns ás 9 horas, ata cubrir as 80 prazas dispoñibles. A inscrición poderá realizarse a través das páxinas web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e da entidade colaboradora Motovial, Escola de condución motocicletas.






