O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia o estado de abandono que sofre o río Lagares, especialmente no seu paseo, «pola falla de mantemento por parte do Goberno municipal».
A proliferación descontrolada de maleza, a presenza de troncos de árbores tronzadas a xacer sobre o curso fluvial e os treitos do paseo con risco de derrube, como os observados en zonas como Sárdoma e Balaídos, evidencian unha «neglixencia intolerábel e un maltrato ambiental» que compromete tanto a seguridade da veciñanza que emprega o paseo como a conservación deste espazo natural chave para a cidade.


«O Goberno municipal ten o paseo do Lagares nun estado deplorábel»
Isto afirma o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, sinalando que as imaxes tomadas en diferentes puntos do río ilustran unha situación que «non se pode prolongar». O BNG critica que a inacción do Concello non só degrada un entorno de alto valor ambiental e social, senón que pon en perigo ás persoas que frecuentan o paseo, un lugar habitual para o lecer e o deporte.

Igrexas demanda a posta en marcha inmediata dun plan de acción que garanta o mantemento integral do curso fluvial río Lagares, que inclúa a retirada de maleza e restos vexetais, a reparación dos tramos danados do paseo e un reforzo na vixilancia para evitar novos danos.
O portavoz municipal nacionalistsa instou ao Goberno local a «priorizar a recuperación deste espazo emblemático de enorme valor ambiental«, mediante cun calendario de actuacións que garanta resultados antes do verán. Ademais, a formación defende a necesidade de implicar á cidadanía e ás asociacións ecoloxistas na planificación destas medidas para asegurar unha xestión sustentábel e avanzar na naturalización do propio paseo.
Tamén en vigoalminuto
- Se reactivan las obras de humanización y de las rampas mecánicas de Serafín Avendaño
- Vigo da el primer paso para que la Reconquista aspire a Fiesta de Interés Turístico Internacional
- Un deshumidificador provoca un incendio en una vivienda del centro de Porriño
- La suerte sonríe a Vigo: más de 314.000 € del Eurojackpot caen en pleno centro de la ciudad
- Activistas exhiben en Louvre la foto del expríncipe Andrés, tras su interrogatorio
- Barcos a la Arribada: la conexión marítima facilita el acceso a Baiona el gran fin de semana festivo
Máis protección
Desde o BNG insisten na súa proposta de declarar o río Lagares como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), desde o seu nacemento na lagoa Mol en Cabral, até a desembocadura en Samil, co obxectivo de alargar as súa protección ambiental. Demandan tamén que tanto Concello de Vigo como a Xunta de Galiza, no exercicio das súas competencias, dediquen máis recursos para a posta en valor do conxunto do curso fluvial.
Nese sentido, Igrexas lembra que hai contínuas verteduras de augas contaminadas e sen depurar no propio río e que, tal e como se recolle nun informe da organización The Ocean Cleanup, o Lagares é o río galego que máis plástico verte ao mar: 14 toneladas ao ano, o que supón máis do duplo dos vertidos con orixe no río Miño, a pesar de contar cun moito maior caudal.
«O río Lagares ten que deixar de utilizarse como un grande sumidoiro para se converter no verdadeiro pulmón azul e verde da nosa cidade», remarca o portavoz municipal nacionalista.






