A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de trasladar ao Goberno local de Vigo a súa “absoluta disposición” a avanzar no convenio de investimentos relativo a 2025, dentro dos acordos que anualmente subscriben a institución provincial e o Concello.
Luisa Sánchez remitiu este martes unha carta ao alcalde, en resposta á misiva que Abel Caballero enviou á Deputación días atrás. Nesa comunicación, a vicepresidenta garantiu a súa “colaboración leal” para “continuar traballando polos intereses de todos os vigueses e as viguesas”.
30 millóns de investimentos en 18 meses
Do mesmo xeito, a responsable provincial con competencias en Vigo subliñou “o feito incuestionable” de que a cidade “require” un tratamento acorde ás súas “singularidades”. Así se puido comprobar no último ano e medio, cun investimento “sen precedentes” de 30 millóns de euros. Unha cifra que inclúe a reforma da bancada de Gol do estadio de Balaídos, o rescate dos 6,2 millóns de euros que estaban a piques de caducar por falta de execución e os novos proxectos acordados entre ambas administracións.
“Este importe supera con moito os 5 millóns anuais achegados regularmente e a subida da inflación que, por outra banda, nunca se demandou durante os oito anos de goberno da corporación provincial anterior”, sinala Luisa Sánchez.
Tamén en vigoalminuto
- Mal tiempo el fin de semana, con ‘alerta amarilla’ por tormentas y lluvia
- Milleiros de persoas rexeitan a guerra, piden traballo digno e a redución da xornada laboral
- Amancio Ortega ha ganado, sólo por su participación en Inditex, 8,5 millones al día
- Dos personas muertas en accidentes de tráfico, en apenas 6 horas
- Cuatro noches de ‘música inolvidable’ en la Fábrica de Chocolate
- Arrestada una pareja itinerante que se dedica a robar a personas de edad avanzada
Sin propostas do Concello
A vicepresidenta lembra que, completado o primeiro trimestre do ano, o goberno local aínda non presentou ningunha proposta para incluír no convenio correspondente a 2025. Pola contra, a Deputación vén de trasladar ao Concello proxectos “que son un verdadeiro clamor social”. Entre eles, a reconstrución da piscina de Teis, a mellora integral do pavillón de Carballal ou as instalacións do Club de Remo da Guía, que “requiren unha intervención urxente e inaprazable”.
Por último, a responsable provincial para Vigo informou ao alcalde dos “diferentes apercibimentos” recibidos por parte dos técnicos da Deputación a raíz dos fondos provinciais “ocultados ou obviados publicamente” en “numerosas” comparecencias de Abel Caballero. “Poderían dificultarnos a xustificación do cumprimento dos convenios asinados ata a data”, adverte Luisa Sánchez na súa carta.