
Fotos: Paula Cermeño/ O festival The Wild Cinema, abre o prazo para a recepción de obras audiovisuais. Este evento cinematográfico único distínguese polo seu enfoque en temáticas de natureza, aventura e sustentabilidade e nas súas seis anteriores edicións proxectou curtametraxes e longametraxes nominadas nos premios Goya e Óscar e seleccionadas en certames de referencia como Wild & Scenic Film Festival de California, e o BANFF Mountain Film Festival de Huesca.
The Wild Cinema é parte da ecléctica programación de The Wild, que se celebra en San Miguel de Oia os días 5, 6 e 7 de setembro, no que tamén teñen lugar concertos, actividades deportivas e espectáculos familiares. A aposta polas proxeccións de cine dentro da programación convirte a The Wild nun festival único dentro do panorama de festivais en Galicia. As proxección lévanse a nunha gran pantalla led no merendeiro do Parque Forestal, ofrecendo unha experiencia cinematógrafica diferente e ao aire libre.
Tamén en vigoalminuto
- El papa León XIV visitará España en junio: ¿pasará también por O Porriño?
- Yolanda Díaz anuncia que no será candidata en las elecciones generales de 2027
- O Porriño lanza Petra Rosa Festival en sus canteras, con Pablo López, Orozco y Sergio Dalma
- La Ría de Vigo intenta recuperar la volandeira vetada por contaminación de plomo
- La duna de A Calzoa sigue sin protección, 20 días después del derrumbe
- Los dueños de los perros que atacaron a un hombre de 77 años denuncian al policía que lo salvó
Prazo
O prazo de presentación de filmes está aberto ata o 30 de xuño de 2025 a través do formulario dispoñible na web e a plataforma Festhome. Como en anos anteriores, as curtametraxes proxectadas optan a tres premios: Gran Premio The Wild Cinema, á mellor longametraxe; Gran Premio The Wild Cinema, á mellor curtametraxe e Premio Esperanza, ao mellor filme medioambiental.

Características
As pezas presentadas deberán ter unha duración máxima de 30 minutos para as curtas e 150 minutos para as longas. Aceptaranse traballos realizados no ano 2023 ou posterior. As obras presentadas deberán respectar a igualdade, a diversidade e a non discriminación e ter como eixo temático central a natureza, fauna, ameazas medioambientais, activismo ecolóxico ou deportes de aventura e montaña.
As obras en calquera lingua diferente ao castelán ou galego deberán incluír subtítulos en calquera destas dúas linguas.






