O Concello de Ponteareas rehabilitará tres vivendas para uso social, así o adiantou a alcaldesa Nava Castro na visita ás coñecidas como “vivendas dos mestres” acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.
Co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude que vén de outorgar ao Concello 216.000€, procederase ao acondicionamento interior dos inmobles nº 3, 7 e 9. Ademais da rehabilitación tamén se equiparán con mobiliario e todo o preciso para o seu uso, sendo o importe recibido por cada unha de 72.000€.
Tamén en vigoalminuto
- En libertad, como investigado, el individuo detenido tras la brutal agresión a una mujer que permanece en la UCI
- Un helicóptero medicalizado evacúa a un motorista herido grave tras un accidente en Oia
- Prisión para el hombre que asaltó a una mujer de 80 años mientras dormía en su casa de Teis
- El contrato de Vitrasa acumula 108 días de retraso mientras el informe clave sigue pendiente
- El alcalde dice que la pantalla de la Diputación es igual de grande «que la que tengo yo en mi casa»
- El Sergas confirma niveles de radón por encima del valor de referencia, en el centro de salud de Ponteareas
Esta nova intervención sumará dúas vivendas socias e tamén o primeiro “Calor Café” do Concello, segundo adiantou a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana. “Un albergue para persoas sen fogar que están en tránsito e precisan un lugar onde ducharse e tamén tomar algo quente”.
“Agradecemos este importante apoio que fai posible un equipamento inexistente e moi necesario como é o albergue e as vivendas sociais. Dende o primeiro momento tiñamos claro que primeiro hai que atender ás persoas que teñen menos recursos e tomar decisións e facer realidade compromisos e palabras. E así o facemos, coa ampliación do servizo de atención no fogar, co servizo Xantar na Casa pero tamén cos obradoiros de emprego, programas de emprego xuvenil e co plan integrado de emprego«.






