A Asociación Veciñal de Teis, organiza un acto cultural para conmemorar o 188 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro -23/02/1837-, este sábado 22 de febreiro ás 12:00 horas, diante do edificio do antigo centro de saúde – rúa Enrique Lorenzo-. Para a ocasión actuará o grupo de gaitas da Asociación e haberá unha lectura pública de textos de poemas de Rosalía.
Con esta ceremonia, «queremos difundir a obra da nosa poeta nacional, referente da nosa literatura, comprometida ao longo da súa vida co seu pobo, a través da súa obra literaria. Ademais, queremos amosar a importancia de promover o seu uso e a defensa da nosa lingua«.
Tamén en vigoalminuto
- Los vigueses nos mojamos a lo grande: lluvia récord en sólo seis días
- Pacientes dan un sobresaliente a la atención en el Hospital de Día Oncohematológico del Cunqueiro
- Muere un hombre de 80 años atropellado por un coche en Cerdedo-Cotobade
- Este jueves puedes comer pizza gratis en Vigo (y no es una broma)
- Vigo se dispara: el precio de la vivienda nueva roza ya los 1.900 euros por metro cuadrado
- Vigo Porté 2026 refuerza su liderazgo en la danza con 725 bailarines y formación en Broadway
Case 11 anos, agardando pola biblioteca
A decisión de celebrar este acto cultural diante do edificio do antigo centro de saúde, ten como obxectivo lembrar a necesidade dunha biblioteca para Teis e que se anunciou hai case 11 anos. Os responsábeis da Asociación subliñan que «a nosa cidade conta cun escaso número de bibliotecas, a última foi a biblioteca » Xosé Neira Vilas «, no Calvario, inaugurada en 2011, e desde aquela non se construíu ningunha biblioteca máis en Vigo«.
Os veciños defenden que a biblioteca de Teis, sexa unha dotación cultural do século XXI, que conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, «como se pretende desde o Goberno municipal».
«Despois de tantos anos queremos avanzos reais na construción da biblioteca ,pois até o de agora houbo moitos anuncios máis de 20, infografías, pero ningún avanzo real».
Nin se derrobou o edificio actual
A día hoxe, aínda non se derrubou o edificio, paso previo necesario para a construción da nova biblioteca, no orzamento municipal de 2025 figuran 900.000€ e «aínda non se gastou nin un só euro, nesta dotación cultural».
«Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos a Abel Caballero coñecer o proxecto definitivo que garanta unha biblioteca para Teis, unha data para o derrubo do actual edificio e para o comezo das obras».







