A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón, que suporá un investimento conxunto de 1,3 millóns de euros. Así, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o convenio para executar estas obras.
Transformación do centro de Mos
O Goberno galego cofinanciará mediante a achega de 600.000€ esta intervención que licitará o Concello de Mos para poder tela rematada o próximo ano. Esta actuación transformará o centro urbano de Mos nun «espazo máis accesible, verde e adaptado ás necesidades dos cidadáns, promovendo un entorno máis sostible e agradable».

Este proxecto abrangue a remodelación dun tramo de 170 metros da avenida de Puxeiros, outros 125 metros da avenida do Rebullón e a totalidade da superficie da rotonda dos Bois.
Trátase dunha «actuación integral que permitirá acadar unha vila máis amable e con maior accesibilidade, incrementando notablemente o espazo para uso peonil nesta contorna». A mesma inclúe a dotación de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación.
Tamén en vigoalminuto
- ¿Por qué la inteligencia artificial está transformando la búsqueda local en línea?
- Los personajes de Disney+ toman este sábado las calles de Vigo en un desfile gigante
- Detenido en Vigo por robar un móvil de 1.200 euros durante una cita concertada por internet
- La Panificadora, los peajes de la AP-9 , los agravios a la ciudad y la subida de los sueldos
- ¿Vas a votar por correo? Cinco errores que debes evitar para no quedarte sin votar
- Una maleta sospechosa moviliza a los Tedax en el hospital Álvaro Cunqueiro
Martínez Allegue lembrou outras actuación executadas neste municipio, como a humanización da
contorna de San Eleuterio, un exemplo de colaboración entre institucións ao abeiro do Plan Hurbe. Tamén apuntou á licitación das 20 vivendas públicas que a Xunta vai construír en San Eleuterio. Detallou que estas obras xa están adxudicadas e estarán rematadas o vindeiro ano.






