O subdelegado do Goberno púxose en contacto coa alcaldesa de Redondela para anunciarlle que as obras de reparación da curva de Trasmañó, na estrada N-552, xa están adxudicadas e que teñen un importe de 2,4 millóns de euros.
Abel Losada explicou que nos próximos días vaise pintar toda a sinalización horizontal en amarelo, xunto con accións preparatorias. Porén o comezo as obras non poderá realizarse ata que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Cortar un carril
Losada indicou que vai ser necesario cortar un carril de circulación para a reparación e consolidación do terraplén para, a continuación, reafirmar o terreo, executar a drenaxe e renovar por completo o paquete de firmes.
Ademais, agradeceu a colaboración do Concello de Redondela e a súa alcaldesa, «que durante todos estes meses estivo en contacto permanente coa Demarcación de Estradas e coa Subdelegación para facer o seguimento desta actuación».
Tamén en vigoalminuto
- Denuncian que el Sergas incorpora médicos sin la especialidad de Familia, en los PAC del área de Vigo
- Vigo e Nigrán quedarán unidos por unha senda de 14 quilómetros para camiñar e pedalear
- Nuevo pulso por la pantalla gigante: la Diputación lo intentará otra vez para el España-Francia tras el precinto
- Cangas convértese na capital galega do cómic
- Continúa la búsqueda de María Pereira en Redondela, con drones y nuevas batidas tras su desaparición en Vigo
- Zona Franca quiere construir 600 viviendas en Teis, 450 de ellas protegidas de alquiler
Unha obra complexa
O subdelegado advertiu que a obra “ten a súa complexidade” e vaise prolongar durante varios meses, polo que lle pediu á alcaldesa que informe destas circunstancias á veciñanza. Así mesmo, Losada indicou que respecta os «xogos demagóxicos» das forzas políticas que, coñecendo que o comezo da obra é inminente, tratan de sacar réditos políticos pedindo precisamente o comezo dunhas obras que xa están planificadas. “Iso si, deberían informarse un pouco mellor antes de falar, porque pedir que se licite o que xa está adxudicado é, paradoxicamente, ir por detrás dos acontecementos”, incidiu.
Finalmente, o subdelegado do Goberno subliñou os investimentos que se están a realizar en Redondela, coa recente pavimentación da rotonda de Cabanas, na saída da AP-9, e a mellora dos viais perimetrais á autoestrada neste Concello.






