O presidente da Xunta anunciou hoxe que todas as persoas dependentes contarán cunha axuda económica instantánea mentres non dispoñen dunha praza nun servizo de atención á dependencia.
Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, Alfonso Rueda fixo balance da
situación da dependencia en Galicia, lembrando que no ano 2021 un primeiro plan de choque de dependencia supuxo que “puideramos incrementar nun 20% o número de dependentes atendidos e axilizar nun 15% os tempos de atención”. Como resultado, asegurou o xefe do Executivo, “o número de demandantes en dependencia aumentou en máis dun 40%”.
“Non é suficiente”
Rueda apuntou a que estas cifras “non son suficientes” e que “hai que seguir mellorando” polo que, asegurou, o segundo plan de axilización, xa vixente, busca simplificar trámites, cun prazo máximo de 6 meses, e concederá próximamente unha contraprestación económica para aquelas persoas dependentes mentres non conten coa praza que solicitaran nun servizo de atención á dependencia. Así mesmo, Rueda apuntou que “nos primeiros 40 días deste plan, 6.000 persoas melloraron o seu grao de discapacidade”.
Tamén en vigoalminuto
- Lazoiro denuncia a existencia dun vertedoiro ilegal en Salvaterra
- El visor submarino de ‘Peiraos do Solpor’ navega hacia Bouzas, en una operación inédita en España
- El Tribunal Superior de Galicia revoca la condena al Concello de Vigo por el concierto de Guns N’ Roses
- Recogido el 90% del vertido de aceite de palma a la ría
- Desarticula una banda itinerante que actuaba con violencia en centros comerciales del área de Vigo
- “A Rueda le sale sarpullido cuando a Vigo le va bien”
Vivenda
Tamén durante a sesión de control, o presidente da Xunta referiuse á situación da vivenda en Galicia e reiterou o seu compromiso de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura. Neste sentido, sinalou que a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, constituída recentemente, xa levou catro acordos en Consello da Xunta para promover vivendas.







