Os conselleiros de Presidencia, Diego Calvo, e de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron as obras de humanización do treito de 1,56 quilómetros na estrada PO-323, na Avenida de Galicia- desde o límite co concello de Redondela ata o IES de Teis- e que representa un investimento de 4,1 millóns de euros financiados con fondos Next Generation.
A actuación supón a segunda fase da humanización desta estrada PO-323, que permitirá completar a remodelación deste eixe vertebrador da parroquia de Teis tras a mellora realizada con anterioridade no treito de 500 metros que vai desde a Avenida da Mariña Española ao Instituto.
Outras novas
- La Xunta desaloja la Estación de Autobuses de Vialia y cierra el espacio donde dormían más de una docena de personas sin hogar
- La gran escalera de los Bomberos de Vigo ‘toma’ San Salvador para practicar un rescate en altura
- Vigo Porté abre este martes las inscripciones
- Vacuna de la gripe en Galicia 2026: fechas, quién puede vacunarse y qué cambia este año
- Tapiada por orden judicial una vivienda de la rúa Aragón, convertida en un punto de venta de droga
- Sánchez pide a Caballero que compense el “sablazo” de la basura con una rebaja de otros impuestos
Melloras
Nesta liña realizaranse conexións coa trama urbana de beiravías existentes e con itinerarios alternativos, como a senda da vía verde. A obra inclúe ademais a reposición de pavimentos dos itinerarios existentes e a execución de tres zonas novas de aparcadoiro para eliminar vehículos da zona de tránsito. Deste xeito, tras as obras disporase de 273 prazas de estacionamento, un 38% das existentes previamente.

Rematado este verán
O grao de execución do proxecto é de case o 50% e prevese que estea rematada no verán. Deste xeito, ao longo de 2025 estarán rematados os nove treitos das sendas que se están a executar nas contornas de Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela.






