A Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia axudas por preto de 4 millóns de euros para facer fronte a políticas sociais. En concreto, trátanse de 830.000 euros para a prestación das Axudas Básicas de Emerxencia e de preto de 3,1 millóns de euros para o Plan de Cofinanciamento dos servicios sociais comunitarios municipais.
Coa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, os concellos teñen desde este mércores,5 de febreiro, un mes de prazo para solicitar estes recursos.
Axudas Básicas de Emerxencia
Con contías máximas que oscilan entre os 7.800 e os 14.000 euros por concello, van destinadas a atender as demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas que teñan menores ao seu cargo.
Dos 830.000 euros mobilizados- 230.000 € máis que o pasado ano- preto de 620.000 van destinados a gasto corrente, como alimentación, uso da vivenda, pagamento de servizos e subministros básicos, e máis de 210.000 a investimentos.
Tamén en vigoalminuto
- Máis de 6,5 millóns de fondos FEDER impulsan o Plan Integrado do Porriño
- ‘Bodies Evolution’, la exposición número 1 sobre el cuerpo humano, desde hoy en Vigo
- Adjudicada la reforma de Clara Campoamor, entre Ramiro Pascual y el Cunqueiro
- El Gobierno destina 8,7 millones para las rampas de Praza de América a Praza de España
- El vínculo emocional con perros y gatos favorece la mejora del bienestar psicológico
- Denuncian que o goberno de Redondela perdeu catro axudas da Xunta para construír a Escola Infantil de Chapela
Plan de Cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais
Ademais, a Deputación de Pontevedra tamén acaba de activar o Plan de Cofinanciamento dos servizos
sociais comunitarios municipais, a través do cal pon a disposición preto de 3,1 millóns de euros, con contías máximas que oscilan entre os 24.000 e os 120.000 euros por concello.
Estes recursos distribúense en 1,2 millóns de euros dirixidos a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e complétanse cos preto de 1,9 millóns para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios nos concellos.