Domingo Villar estará eternamente na Alameda

«Domingo era de Vigo ali por onde foi e a súa cabeza e o seu corazón sempre estiveron aquí»

Domingo Villar xa ten a súa estatua na Alameda. O escritor vigués, desaparecido o 18 de maio de 2022, estará sentado para sempre preto da rúa García Olloqui, nun dos lugares frecuentados polo inspector Leo Caldas protagonista da coñecidísima triloxía da que Villar fora autor – ‘Ollos de auga’, ‘A praia dos afogados’ (na que baseouse a película protagonizada en 2015 por Carmelo Gómez) e ‘O último barco’-.

A familia de Domingo- a súa muller, Beatriz Lozano, os seus fillos, Tomás Mauro e Antón e os seus irmáns, Alfonso, Andrés e Clara- estiveron no acto de inauguración da escultura, obra de Pedro Dobao, que representa ao escritor sentado nun banco xunto cuns libros.

Beatriz Lozano subliñou que «os meus fillos tiveron a sorte de ter un pai excepcional e temos a sorte de ter unha cidade excepcional que recoñece o seu mérito literario e o seu amor por Vigo. Domingo era de Vigo e alí por onde foi e a súa cabeza e o seu corazón sempre estiveron aquí e con esta estatua permanecerá na lembranza dos vigueses das xeracións presentes e futuras».

O instituto de Navia e a Biblioteca do Estado

Domingo Villar terá outros lugares de lembranza en Vigo, así o novo instituto que está a construírse en Navia, levará o seu nome e tamén a futura Biblioteca do Estado, tal e como anunciara o alcalde quen hoxe salientou que “Domingo para sempre permanecerá como unha parte da historia da cidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.