Comarcas

O Concello de Tui declara loito oficial polo pasamento do concelleiro Xosé Martínez Tato

E destaca o eu compromiso e implicación en moi diversos ámbitos

O Concello de Tui declara loito oficial polo pasamento do concelleiro Xosé Martínez Tato

O Concello de Tui vén de declarar un día de loito oficial polo pasamento do concelleiro Xosé Martínez Tato. Era membro da corporación municipal dende o ano 2013 formando parte do grupo municipal do BNG. As bandeiras da casa do concello ondearán este mércores a media asta.

Xosé Martínez Tato, de 70 anos, casado, con catro fillos e dous netos, «destacou sempre polo seu compromiso e implicación en moi diversos ámbitos», subliña o Goberno municipal tudense nunha nota remitida aos medios de comunicación.

«Unha persoa necesaria, comprometida, sempre disposto a traballar polo ben común”. así definía Carmen Núñez, voceira do BNG, ao seu compañeiro falecido de xeito inesperado. Dende o Partido Popular definien a Martínez Tato como «unha persoa afable e sempre preocupada e disposta. Gran colaborador e participante nos temas do concello, moi querido e apreciado por todos e un bo compañeiro de corporación. O seu compromiso e dedicación deixan unha pegada imborrable no noso municipio «. Finalmente, Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui salientou a dimensión humana de Tato, «o seu compromiso e a súa implicación no ámbito social da nosa cidade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.