Sucesos

Preto de 190 incidencias, este domingo, polo paso da Borrasca Herminia

Destaca a presenza de caídas de árbores e obxectos varios nas estradas

Preto de 180 incidencias, este domingo, polo paso da Borrasca Herminia

A Borrasca Herminia está deixando pegada no seu paso por Galicia, e este domingo rexistráronse 187 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa. De forma maioritaria, destaca a presenza de caídas de árbores e obxectos varios nas estradas.

Ningunha das máis de 180 intervencións contabilizadas no 112 Galicia representaron unha situación grave para as persoas, pero si cómpre destacar que ás 10:15 en Pobra do Caramiñal, na Rúa de Atalaia, debido aos efectos dos fortes ventos unha marquesiña duns 3 metros voou e impactou contra un vehículo. Non houbo persoas feridas e desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ribeira e dos axentes da Garda Civil.

Ás 04:55 horas unha árbore caeu sobre un coche na LU-122, no quilómetro 5, na parroquia de Crecente, no concello da Pastoriza. O vehículo sufriu danos materiais, pero afortunadamente non houbo persoas feridas.

Pouco despois, ás 05:40 horas, un condutor chocou contra unha árbore caída na DP-1914, no quilómetro 13, ao seu paso por Anxeriz, no concello de Tordoia. O impacto non provocou danos persoais, pero a estrada quedou completamente cortada.

En Burela, ás 06:30 horas, na Avenida de Arcadio Pardiñas, o forte vento desprendeu varias chapas dun tellado que acabaron sobre as vías do tren, facéndoas intransitables. A circulación ferroviaria foi interrompida no tramo afectado

Tamén, ás 08:55 horas un vehículo en Pol, na LU-750, impactou contra unha árbore que estaba na estrada. Segundo indicaba, a árbore estaba obstaculizando a circulación por completo. O incidente saldouse sen feridos e foi necesario mobilizar aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil para restablecer as condicións da vía.

Con todo, é necesario indicar que o groso das incidencias provocadas pola situación meteorolóxica adversa tiveron lugar na provincia da Coruña (94), seguida de Lugo (52), Pontevedra (28) e Ourense (13).


Máis novas


Árbores na estrada, cables ou derrubamentos

En canto ao tipo de incidencias xestionadas, destacan a presenza de árbores e pólas nas estradas, con 98 incidencias xestionadas, seguido dos obxectos varios nas estradas (21), e a presenza de cables (18). Tamén subliñar a presenza de 13 incidencias xestionadas por derrubamentos e as 17 intervencións dos equipos de emerxencias para evitar males maiores.

As condicións meteorolóxicas seguen a ser complexas, e os servizos de emerxencia continúan traballando para garantir a seguridade naquelas zonas máis afectadas. 

Concellos máis afectados

Entre os concellos máis afectados atópanse Ordes, Santiago de Compostela e Culleredo, na provincia da Coruña. En Lugo, destacan Burela e Cervo tamén Pontevedra capital e na provincia de Ourense, Boborás, a propia cidade de Ourense e San Cibrao das Viñas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.