Se te chega un paquete por Correos arrecendo a lacón, cacheira ou chourizo, non te leves unha sorpresa. E que, coincidindo coa tempada de cocido, Correos vén de activar un servizo especial -non se chama Teleporco ni OrellaPostal- para que os cidadáns poidan enviar desde Becerreá, Escairón, Monforte, Sarria ou Samos, produtos caseiros, carne ou embutidos a cualquera punto da Península. E con rebaixa.
Correos manterá activa esta campaña até o 15 de febreiro, tanto desde as súa oficinas como desde as casas dos produtores, que poderán realizar os envíos por medio de carteiros rurais. Por suposto: o lacón, a carne salgada, os chourizos ou os roxóns, teñen que ir ben envasados e, dende logo, ao ser alimentos recórtase ao máximo o prazo de entrega.
Outras novas
- 5 consejos clave para elegir un abogado de familia
- Muere a los 88 años Manuel de la Calva, integrante del Dúo Dinámico
- A CUT denuncia que os 300 postos de traballo que oferta Stellantis son “rotación de persoal eventual”
- El Gobierno habilita vías para que los afectados por los incendios forestales, soliciten ayudas y subvenciones
- Desactivan una granada mortero de la Guerra Civil, con espoleta y carga explosiva
- Vigo acogerá, por primera vez en Galicia, el fenómeno de los paquetes perdidos
Ningún galego sen material para o cocido
É o segundo ano que Correos impulsa esta iniciativa, pensada para que cuáquera galego que viva lonxe de Galicia no se quede sen produtos da terra para facer o cocido.
Asi mesmo, o franqueo é a prezos reducidos e poderemos elixir o lugar de entrega do paquete: na casa, nunha empresa ou na oficina postal. Os destinatarios recibirán notificacións por medio de SMS ou correo electrónico indicándolles o estado do envío. Iso si: o traballo de Correos limítase á recollida e o transporte…saber preparar o cocido xa é cousa túa.