A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asistiu hoxe ao inicio da construción dun novo edificio de 46 vivendas de promoción pública en Navia. O proxecto, no que se invisten 9.600.000€, ten un prazo de execución de 18 meses e se prevé que estea rematado á metade do ano 2026.
Outros proxectos
A conselleira salientou que este inmoble de 5 plantas «se executa con fondos maioritariamente da
Xunta», pois do orzamento global – 9,6millóns, o Goberno galego achega 7,3 millóns e os outros 2,3 proceden de fondos europeos. Allegue lembrou que este novo edificio se suma ao inmoble de 40 vivendas públicas que comezou o pasado mes de decembro, cun orzamento de 8,5 millóns.
Así, a conselleira engadiu que «o Goberno galego ten en Navia varios proxectos en marcha, en concreto, son catro os bloques de edificios licitados e primando as técnicas industrializadas, que están a piques de adxudicarse». Deste xeito, en Navia está en marcha a construción de 755 vivendas públicas que contan cuns investimentos de 111 millóns de euros.
38 vivendas máis
Ás obras que comezan hoxe seguirán en marzo as de 38 vivendas públicas máis, que xa contan con
licencia. A conselleira agarda que o Concello de Vigo non demore o outorgamento das pendentes
presentadas, o que permitirá comezar os outros dous edificios que xa teñen adxudicada a súa
execución, sumando así outras 77 vivendas máis.
O Polígono 1, urbanizado en maio
María M. Allegue apuntou que entre o mes de abril e o de maio, a urbanización do polígono 1 estará finalizada. Neste sentido, sinalou que a Xunta prevé que a mediados deste ano se estean construíndo
máis de 180 vivendas e teranse xa adxudicados eses contratos que restan para que o nivel
de traballo neste ámbito avance.
Maís novas
- Caballero acusa a Rueda de estar en contra del AVE directo Vigo-Madrid y de una nueva autovía a Porriño
- Besteiro esixe ao alcalde de Barbadás que dimita, logo dunha denuncia por acoso laboral
- Críticas ao incremento das achegas do Concello á Igrexa Católica
- KLM conectará Santiago de Compostela con Ámsterdam, a partir del próximo verano
- En peligro 1,9 millones recibidos por el Concello para bonificar viajes en Vitrasa
- Vigolandia vuelve al IFEVI con cinco días de ocio infantil, grandes hinchables y animación
Paga o Goberno de España
Pola súa banda, o alcalde salientou que é o Goberno de España o que está achegando máis recursos para construir vivendas en Navia, en concreto 13.135.000€, aos que hai que sumar outros 6.500.000€ para rehabilitacións.
«En conxunto suman preto de 20.000.000€, o que significa que o Goberno está a atender a dificultade para atopar vivenda en Vigo». Ademais, Abel Caballero subliñou -en referencia á Xunta, aínda que sin nomeala- que estos novos pisos «non os paga na súa totalidade ningunha outra institución».






