O Bloque Nacionalista Galego cualificou de «insultante» o anuncio realizado onte polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, dunha liña de axudas municipais á rehabilitación de vivendas para as destinar a alugueiro.
En esta liña, Xabier P. Igrexas portavoz municipal do BNG, rexeita este «anuncio propagandístico» que «no mellor dos casos permitirá rehabilitar menos de 40 vivendas para destinalas a alugueiro». O concelleiro nacionalista asegura que concejal «é unha verdadeira tomadura de pelo tendo en conta o gravísimo problema de acceso social á vivenda que padecemos en Vigo», remachou.
6.000 familias rexistradas na cidade como demandantes de vivenda e 22.000 pisos valeiros
Igrexas lembrou que en Vigo xa son máis de 6.000 as familias rexistradas como demandantes de vivenda protexida, das que 8 de cada 10 piden ter acceso a alugueiro social. Nun contexto marcado polo aumento do prezo dos alugueiros por volta dun 30% nos últimos cinco anos e polo avance «sen freo» da ameaza ultraespeculativa dos pisos turísticos, que son xa máis de 2.150 en Vigo após incrementarse nun 217% desde 2021, nunha cidade na que seguen a ser máis de 22.000 as vivendas baleiras (segundo datos oficiais do censo do INE, en troca das 12.000 das que fala o alcalde).
Ademais en vigoalminuto
- La Xunta autoriza la licitación del nuevo centro público de cuidados intermedios, en el Rebullón

- La ciudad roza el lleno total y «arrastra» la ocupación hotelera en Pontevedra, Baiona o Porriño

- Nuevo récord del precio de la vivienda en Vigo

- Localizado, con hipotermia, un hombre de 81 años que estuvo desaparecido varias horas

- La Guardia Civil se incauta de una escopeta y dos rifles, en el domicilio del atracador de la gasolinera de Tui

- Los abonos para viajar seguirán en 2026, mediante un billete único por 60€ al mes, válido para toda España

Caballero prometu 6.000 vivendas en 2007
«Non lle imos esixir a Caballero as 6.000 vivendas que prometeu que faría en 2007 e das que 16 anos despois non fixo ningunha, pero o Goberno municipal pode e debe facer moito máis para facilitar o acceso social á vivenda», defende.
Medidas
O portavoz municipal nacionalista anunciou que no vindeiro Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo proporán tres medidas concretas:
- 1ª .- constituír a Axencia Local de Vivenda Protexida e Social como primeiro paso para dotar a cidade dun parque de vivenda pública
- 2ª.- promover unha modificación orzamentaria para incorporar, no mínimo, 5 millóns de euros dos preto de 200 que ten o Concello de remanentes para despregar política de vivenda
- 3ª.- despregar un Plan de Emerxencia Habitacional que permita dispoñer ao longo deste 2025 de como mínimo 250 vivendas municipais para alugueiro social, tendo en conta que a día de hoxe a Sareb e outros bancos privados rescatados con diñeiro público dispoñen de máis de 300 pisos baleiros
«Efectivizar esas tres medidas, que xa foron acordadas no Pleno do pasado mes de marzo a través dunha moción do BNG, só require de vontade política e por iso tendémoslle a man ao Goberno local para poñelas en marcha antes de que remate este mes de xaneiro», remachou Igrexas.
