O Castelo de Soutomaior será un dos epicentros de “O Noso Nadal” da Deputación de Pontevedra e continúa sumando actividades á súa programación. Así, ademais das visitas teatralizadas, que comezaron o pasado 6 de decembro e se desenvolverán ata o día 29, e os contacontos para os máis pequenos, a institución provincial tamén porá en marcha un xogo de escapismo e un espectáculo de vídeomapping na Torre da Homenaxe.
Xogo de escapismo
En concreto, o xogo de escapismo celebrarase os días 26 e 27 de decembro e 2, 3, 4, 11 e 12 de xaneiro as con pases ás 11:00, 12:00, 16:00, 17:00 e 18:00 horas e as entradas poderán adquirirse desde este xoves, día 19, a un prezo de 8€ na web do Castelo de Soutomaior. A actividade, pensada para toda a familia, lévanos de volta ao século XV, co comezo do asalto ao castelo e coas Revoltas Irmandiñas a piques de entrar. Os e as participantes terán só 60 minutos para evitalo e, para facelo, terán que demostrar as súas habilidades de resolución de enigmas mentres exploran os recunchos máis segredos do castelo.
Tamén en vigoalminuto
- Fin del ‘culebrón’: habrá pantalla gigante en la Praza da Estrela para ver el España-Francia

- La Praza de España ganará un nuevo espacio peatonal con dos edificios entre Pizarro y Puerto Rico

- El Concello rectifica y abre la puerta a los conciertos en los chiringuitos de Vigo, pero traslada la responsabilidad a la Xunta

- Cae el ‘atracador anciano’: desarticulada la banda que asaltó bancos en O Porriño, Mondariz y Vigo

- En libertad, como investigado, el individuo detenido tras la brutal agresión a una mujer que permanece en la UCI

- Un helicóptero medicalizado evacúa a un motorista herido grave tras un accidente en Oia

Videomapping
Por outra banda, o 21 de decembro volve o videomapping, que se estreou o pasado ano. Será un espectáculo gratuíto de imaxes e efectos visuais proxectado na Torre da Homenaxe do Castelo. As proxeccións realizaranse todos os días, exceptuando o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, desde as 19:00 ás 20:30 horas, de maneira continuada cada media hora.
