Contempla 50 medidas e unha folla de ruta a seguir en materia de igualdade en todas as políticas municipais
Nun acto celebrado no Concello, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Igualdade, Carolina González, presentaron o V Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes.
«Hoxe damos un paso importante cara ao futuro», afirmou o alcalde, quen destacou que este plan non só inclúe unha serie de medidas concretas, senón que tamén «reflicte o firme compromiso do Concello coa igualdade de xénero. No Porriño, a igualdade non é só un obxectivo, é unha realidade á que aspiramos todos os días», engadiu.

2025-2028
O V Plan de Igualdade, que se implementará entre 2025 e 2028, ten como obxectivo garantir que todas as veciñas e veciños do Concello teñan as mesmas oportunidades, dereitos e liberdades, sen distinción de xénero. Con 10.446 mulleres fronte a 10.116 homes na poboación, o alcalde subliñou a importancia de que “esta equidade se reflicta nas políticas e decisións que tomamos”.
Tamén en vigoalminuto
- Delegados de CIG-Ensino e STEG péchanse en Educación esixindo unha reunión co conselleiro

- A Tarxeta Xente Nova contribúe ao fomento do acceso ao transporte público

- Renfe programa 12 servicios por carretera durante las obras de la vía entre Salvaterra y As Neves

- Concentración para denunciar los efectos de la «masificación» turística

- A la cárcel, tras robar en un local de Cangas

- Investigado un vecino de As Neves por huir de un accidente y quemar, después, el vehículo implicado

Cambio nas novas xeracións
Entre os obxectivos do plan atópanse promover a igualdade real e efectiva, facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar, e erradicar a violencia machista, unha das maiores secuelas da sociedade actual. «Cada unha das 50 medidas que propoñemos está deseñada para transformar a sociedade de maneira real», explicou Lorenzo.
Cabe destacar que o documento ten un forte enfoque educativo, recoñecendo que a clave para o cambio radica nas novas xeracións. «Debemos educar sen roles nin estereotipos de xénero para construír unha sociedade libre de violencia, onde todos e todas podamos vivir sen medo e con liberdade», afirmou o rexedor.
A concelleira de Igualdade, Carolina González, explicou o documento polo miúdo agradeceu a todos os que traballaron na elaboración do plan, destacando o labor da responsable do CIM do Porriño. «Non só falamos de medidas concretas, senón dunha folla de ruta que sitúa á igualdade no centro das políticas municipais. Este plan é un gran paso cara a unha sociedade igualitaria, inclusiva e libre de violencia», concluíu.
Alejandro Lorenzo pechou o acto reafirmando o compromiso do Concello: «o cambio é posible se estamos unidos na loita pola igualdade. Estamos aquí como administración máis próxima para lideralo».

