O Bloque Nacionalista Galego denuncia a desaparición do lavadoiro histórico e de danos na fonte da Barroca, a máis antiga de Vigo, por causa das obras no Barrio do Cura. A fronte nacionalista pide aclarar se o Goberno de Abel Caballero autorizou estas actuacións sobre elementos catalogados como de «interese histórico alto» no Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello.
Así o alertou este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, recollendo denuncias veciñais sobre as afectacións dos traballos da futura urbanización no patrimonio histórico. «Diante da opacidade coa que se perpetrou esta actuación, o BNG imos dirixirnos de inmediato á concellaría de Patrimonio para esixir explicacións», afirmou.
Tamén en vigoalminuto
- Abel Caballero ha propuesto a 21 de los 23 Vigueses Distinguidos de este 2026, dejando sólo dos a la oposición

- El alcalde declara que Rueda ha hecho «el ridículo”, tras retrasarse el AVE Vigo-Oporto hasta 2033

- ARVI alerta del riesgo de paralización del sector pesquero, por la subida del combustible

- ‘Fogar Vivo’ recibe 73 solicitudes no primeiro día, para mobilizar vivendas baleiras cara ao alugueiro accesible

- Caballero vuelve a acusar a Louzán de “mentir descaradamente” sobre la candidatura de Vigo al Mundial 2030

- La luz se dispara este martes hasta cerca de los 137 €/MWh, tras los ataques de Estados Unidos e Israel

Desmantelamento
Dende o Bloque cualificaron de «grave» o desmantelamento completo do lavadoiro de Poboadores, catalogado como peza singular. «Non quedou rastro deste elemento e vemos con enorme preocupación a presenza de entullos na súa base que alertan do risco de que se teñan producido danos nas pezas retiradas», subliñou Igrexas.
Por este motivo, o portavoz municipal nacionalista demandou ao Goberno local que aclare se esta retirada contou coas autorizacións preceptivas e se foi realizada atendendo a normativa de protección patrimonial e baixo supervisión municipal, así como información do lugar onde foron trasladados estes elementos, como se están a conservar e o lugar onde se van repoñer.

Fonte da Barroca
Na mesma liña, o nacionalista denunciou os danos provocados sobre a fonte da Barroca, catalogada como a máis antiga de Vigo, e que conta tamén con protección que prohibe alteracións sobre a mesma. «Sería unha verdadeira aberración que as obras dunha nova urbanización VIP no Barrio do Cura poñan en risco elementos tan valiosos do patrimonio histórico da nosa cidade», remachou Igrexas.
