O Auditorio Mar de Vigo convértese esta semana no epicentro cultural da cidade cunha programación que combina teatro musical, danza clásica e arte contemporánea.
Kinky Boots
Así, procedente de Broadway, con adaptacións en Londres, América Latina e outros países, este aclamado musical gañador de 6 premios Tony e un Grammy a Mellor Álbum de Teatro Musical, Kinky Boots aterra en Vigo como parte da súa xira por todo o o Estado con tres únicas funcións os días 13 e 14 de decembro- sábado e domingo-, da man de Theatre Properties en coproducción con Rimas Europe en colaboración co grupo Eventix.
Con música da lendaria Cyndi Lauper e un libreto de Harvey Fierstein, a obra, inspirada en feito reais, combina humor, emoción e mensaxes universais sobre a aceptación e a diversidade, ademais de 170 cambios de vestiario, 70 pares de botas icónicas e diferentes coreografías. Entradas: teuticket.

Ballet Clásico de Cuba
O domingo 15 de decembro, o Auditorio Mar de Vigo recibirá ao Ballet Clásico de Cuba coa presentación do seu Gran Suite de Nadal. Este espectáculo, dirixido por Laura Alonso, filla da lendaria Alicia Alonso, reúne a 36 bailaríns que darán vida aos momentos máis icónicos de clásicos como “El lago de los cisnes”, “La Bella Durmiente” ou “El Cascanueces”.
A posta en escena inclúe personaxes emblemáticos como Caperucita Vermella, O gato con botas, o Cisne Negro ou o Bufón de Palacio, creando unha experiencia que combina a técnica impecable da escola cubana de ballet cunha narrativa pensada para encantar tanto aos amantes da danza clásica como ao público familiar. Entradas AQUÍ.
Ademais en vigoalminuto
- Detenido un cura acusado de agredir sexualmente a una menor
- Encuentran muerta a una persona dentro de un transformador, Carballo
- CHMS y Concello de Salceda de Caselas invertirán 685.000€ en la mejora del saneamiento
- ‘DeLETREA’ estrena andadura en Navia
- Servicio reforzado de Vitrasa a Samil, durante toda la noche de San Juan
- Interceptan un vehículo robado, cuyo conductor llevó a cabo una fuga temeraria
Arte Contemporánea
Ademais, do dende este venres ata o domingo, o Mar de Vigo acolle a primeira edición de VARCO (Vigo Arte Contemporánea), un gran evento que busca consolidarse como unha referencia no noroeste peninsular. Máis de 30 artistas participarán nesta feira multidisciplinar e interxeracional, na que o público poderá adquirir obras de arte directamente dos creadores e gozar de actividades paralelas como talleres, conferencias e música en vivo.
O hall do auditorio será o ‘quilómetro cero‘ desta feira, con casetas que exhibirán obras de recoñecidos artistas como os pintores José María Barreiro, Antón Sobral e Chelo Rodríguez; o escultor Iván Prieto; e o fotógrafo Xulio Gil, entre outros. Portugal será o país convidado nesta edición, coa participación do artista plástico Ricardo Santos. Ademais, desenvolveranse talleres e actividades para todos os públicos, incluíndo un taller de pintura en seda coa artista Isabel Pintado e conferencias como a de Paula Marino.