Comarcas

O Porriño celebra o Nadal cun mes de actividades

Dende este sábado, 7 de decembro, ata metado do mes de xaneiro. Mira

O Porriño celebra o Nadal cun mes de actividades

O Porriño está listo para vivir un Nadal cheo de actividades e eventos ofrecendo a veciños e visitantes un mes de propostas para gozar destas datas tan especiais. Desde o 7 de decembro ata mediados de xaneiro, a localidade converterase en centro de tradición, cultura, solidariedade e entretemento para todos os públicos.

  • Así, o programa comezará co Concurso de Postais de Nadal que alcanza xa a súa cuarta edición, un evento que convida aos máis pequenos a plasmar os seus mellores desexos do Nadal.
  • A creatividade tamén se verá reflectida na Exposición Origen Es: Familia e Fogar, organizada pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, que poderá visitarse no Centro Cultural Municipal do 23 de decembro ao 2 de xaneiro.
  • Ademais, celebraranse varios espectáculos infantís que non deixarán indiferentes aos máis novos, como o Titiricircus de Tanxarina Monicreques ou o espectáculo María Faltri Picadiscos. A programación inclúe tamén contacontos, como o de Antón e o Apalpador, ou o popular O gato zapato de Barafunda Teatro, que farán as delicias dos nenos e nenas.
  • A música será outro dos grandes protagonistas en Porriño estas festas. Desde o Festival de Nadal da Escola de Música Municipal ata o Encontro de Corais, no que participarán diferentes corais locais, incluíndo a Coral Polifónica da Escola Municipal de Música do Porriño e a Coral Polifónica Os Penediños de Atios, os sons do Nadal encherán a cidade en concertos de todos os estilos. Destacan, entre outros, os concertos de Cherry Sweet, Xingro´s Band, Iker Faure´s Band, Somoza Trío, e Noemí & Band, que ofrecerán diversas propostas musicais para todos os gustos.

Espectáculos de rúa

Os máis pequenos poderán gozar tamén de diversas actividades e espectáculos na rúa como:

  • animación e os tradicionais obradoiros de Nadal
  • o Tren Turístico de Nadal percorrerá as principais rúas de Porriño, levando a maxia do Nadal a cada recuncho da localidade e
  • unha gran Pista de patinaxe sobre xeo  fará as delicias dos máis pequenos na contorna do pavillón municipal
  • Ademais, os Elfos de SSMM Os Reis Magos e a Visita do Carteiro Real aos centros educativos de Porriño, facilitarán que os máis pequenos entreguen as súas cartas aos Reis Magos e a Papá Noel. Pola súa banda, Papá Noel visitará o Porriño na tarde de Noiteboa, xusto antes de repartir os agasallos.

Máis novas en vigoalminuto


Carreira e Mercado Solidario

Un dos eventos máis esperados cada ano é a Carreira de Nadal, que convoca por centos de corredores nunha xornada deportiva que combina a solidariedade coa diversión. Tamén será un éxito seguro o Mercado Solidario de Nadal, organizado pola Asociación Española Contra o Cancro, onde o espírito solidario fusiónase coa tradición do Nadal.

Festas

O Porriño non se esquece da diversión nocturna, e por iso tamén haberá espazo para a festa. Non podía faltar a Festa Pre-Fin de Ano promete ser un gran evento para despedir o 2024, con actividades para toda a familia durante o día e unha intensa noite de actuacións de rondallas, pasacalles, música en vivo con El Combo Dominicano e un dj set. Ademais, o XV Maratón de Panxoliñas do grupo de catequistas da Parroquia Santa María de Porriño na praza será outro dos momentos de encontro e alegría do Nadal.

Cabalgata

A véspera de Reis culminará coa tradicional Cabalgata Real, que percorrerá as rúas de Porriño, dando a benvida á visita máis esperada do ano. E como peche da programación, o Certame de Rondallas de Porriño poñerá o broche de ouro a unhas festas cargadas de emoción, cultura e tradición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.