Galicia rexistrou o mes de novembro máis cálido desde que hai datos cunha temperatura media 3,3 graos superior ao habitual. Ademais foi un período seco xa que as precipitacións rexistradas foron un 35% inferiores aos valores normais nesta época do ano.
Segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, o pasado mes caracterizouse pola presencia de altas presións ao norte da Comunidade. Este anticiclón impediu que Galicia se vise afectada polas borrascas que circulaban polo Atlántico e permitiu que se achegasen masas de aire máis cálidas do habitual nesta época do ano.
A temperatura media, moi por riba do esperado
De feito, a temperatura media estivo moi por riba do esperado e, segundo os valores rexistrados nas estacións meteorolóxicas máis representativas, a anomalía media para este mes situouse nos 3,3 graos, polo que se trata dun novembro extremadamente cálido.
Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 16,7 graos mentres que no caso da mínima foi de 9 graos. Os valores máis altos das temperaturas máximas rexistráronse preto das rías nas áreas da Fosa Padrón-Tui -entre 18,9 e 20,1 graos- e os máis baixos das mínimas oscilaron entre os 5,2 e os 6,9 graos nas serras da Queixa e Eixe.
Tamén en vigoalminuto
- Fin del ‘culebrón’: habrá pantalla gigante en la Praza da Estrela para ver el España-Francia

- La Praza de España ganará un nuevo espacio peatonal con dos edificios entre Pizarro y Puerto Rico

- En libertad, como investigado, el individuo detenido tras la brutal agresión a una mujer que permanece en la UCI

- Un helicóptero medicalizado evacúa a un motorista herido grave tras un accidente en Oia

- Prisión para el hombre que asaltó a una mujer de 80 años mientras dormía en su casa de Teis

- El contrato de Vitrasa acumula 108 días de retraso mientras el informe clave sigue pendiente

Un 35% menos de chuvias
No que atinxe ás precipitacións, a chuvia media acumulada durante o mes pasado foi de 115 litros por metro cadrado, un rexistro que reflicte que as chuvias que se recolleron no conxunto de Galicia foron un 35% inferiores aos valores climáticos normais polo que se pode considerarse un novembro seco.
Os acumulados máis altos déronse no suroeste e no norte da provincia da Coruña, con valores entre os 170 e 210 litros por metro cadrado. A menor cantidade de precipitación, comprendida entre 40 e 70 litros por metro cadrado, rexistrouse en áreas da provincia de Ourense, en especial no val do río Casaio.
