Advirten de que o investimento non pode considerarse ambientalmente sostíbel
Cincuenta e dúas Organizacións Non Gobernamentais ambientais dos cinco continentes remitiron cartas ás consellerías de Medio Ambiente e Industria da Xunta de Galicia, así como aos ministerios de Transición Ecolóxica e Industria, solicitando a paralización definitiva do proxecto de fábrica de celulosa e fibras de eucalipto de Altri/Greenfiber en Palas de Rei (comarca da Ulloa, Lugo).
Así, as entidades forman parte da Environmental Paper Network (EPN), unha rede internacional moi influente en cuestións de sustentabilidade da pulpa e o papel ao longo da cadea de subministración global e o ciclo de vida do papel. EPN naceu en 2002 co obxectivo común de camiñar cara a unha industria forestal, de pulpa e papel que contribúa a un futuro saudábel, xusto e sostíbel para toda a vida na Terra.

Impacto na biodiversidade de espazos de gran valor
Nas mencionadas cartas, as organizacións asinantes desaconsellan a implementación do proxecto de Altri e solicitan que se desestime definitivamente. Entre outras cuestións, chaman a atención sobre os impactos que provocaría:
- na contorna natural na que se vai a situar a fábrica
- na biodiversidade de espazos de gran valor
- nas especies vulnerábeis e en perigo de extinción
- no patrimonio cultural
- nos sectores primarios locais
- nos recursos hídricos e
- na saúde das persoas nun amplo radio de acción
Deterioro de masas forestais autóctonas
Ademais, estas entidades tamén chaman a atención sobre o proceso de ‘eucaliptización’ que sufriu Galicia xunto ao centro e norte de Portugal, fenómeno que consideran «insólito en Europa». Ao seu xuízo, esta situación provocou unha enorme perda de biodiversidade e unha importante deterioración da integridade ecolóxica da rexión, afectando radicalmente ás masas forestais autóctonas e a moitos outros hábitats de alto valor que necesitan conservación.
De igual xeito, os asinantes da CARTA tamén expresan as súas dúbidas sobre a efectividade das actuais moratorias a novas plantacións de eucalipto que existen en Galicia e Portugal, cuxo obxectivo debe ser limitar a súa expansión.
Tamén en vigoalminuto
- La duna de A Calzoa sigue sin protección, 20 días después del derrumbe

- Los dueños de los perros que atacaron a un hombre de 77 años denuncian al policía que lo salvó

- Montaña rusa de días lluviosos y soleados

- Vigo exige un autobús exprés a Peinador

- Empieza el juicio a un policía local acusado de agresión sexual

- Sánchez pide diálogo con el Canicouva ante el plan de construir viviendas en las antiguas casas de maestros

Non cumpre as condicións para financiarse con cartos públicos
Nesta liña, as ONG tamén apuntan a que «o proxecto non reúne as condicións para seguir adiante nin para financiarse con diñeiro público a través dos fondos europeos Next Generation, xa que é contrario aos obxectivos de sustentabilidade dos mesmos«. En concreto, denuncian, mentres que un dos obxectivos destes fondos é «mellorar a calidade da auga dos nosos ríos e mares e reducir os residuos«, o proxecto empeorará aínda máis a calidade da auga do río Ulla. Tamén empeorará a sobresaturación da industria da pulpa e o papel nesta rexión.
Habería que facer o contrario: reducir a superficie de eucalipto
En troques, continúan, «deberiamos ir na dirección contraria: reducir a superficie de eucalipto tal e como esixe o Plan Forestal Galego actualmente en vigor, avanzar cara á redución global da produción e o consumo de papel, promover os envases reutilizábeis, maximizar o contido de fibra reciclada nos produtos papeleiros, incrementar o uso doutros materiais recuperados e acabar co uso de fibras procedentes de bosques e selvas ameazadas, ecosistemas e hábitats de alto valor en materia de conservación, tendendo a fabricar fibras de nova xeración e non a partir de madeira«.
