Galicia

12.000 persoas de entre 70 e 79 anos, residentes na Área Sanitaria de Vigo, xa se vacinaron fronte a gripe e a Covid

O 20 de novembro comeza a de aqueles de entre 60 e 69

12.000 persoas de entre 70 e 79 anos, residentes na Área Sanitaria de Vigo, xa se vacinaron fronte a gripe e a Covid

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) no que comezou a vacinación fronte a gripe e a covid-19  da poboación de entre 70 e 79 anos. Como informara vigoalminuto, a Área Sanitaria xa puxo en marcha en outubro pasado a nova campaña cun  horario de luns a sábado, entre as 08.30 e as 14.00, e entre as 15.30 e as 21.00 horas.

Persoas entre 70 e 79 anos

Seguindo as indicacións da Consellería de Sanidade, convocouse en primeiro lugar á poboación de entre 70 e 79 anos de idade, chamándose á vacinación entre os días 30 de outubro e a mañá do 20 de novembro a un total de 42.351 persoas incluídas nesta franxa de idade. A estas persoas hai que engadirlles a 4.375 máis, correspondentes a profesionais do ámbito sanitario e sociosanitario que no foran vacinados ata o memento.

A data onte vacináronse na Área Sanitaria de Vigo preto de 12.000 persoas de entre 70 a 79 anos. Tras a vacinación desta franxa de idade, comezará o tramo seguinte, correspondente a persoas de entre 60 e 69 anos de idade, iniciándose, previsiblemente, o 20 de novembro pola tarde.

Entre elas o alcalde

Entre os vacinados estaba o alcalde de Vigo. Abel Caballero, que o pasado 2 de setembro cumpriu 78 anos, recibiu as dúas vacinas e animou a seguir as recomendacións das autoridades sanitarias. Ademáis, louvou os avances para a saúde, «as vacinas son o avance científico ao servizo da cidadanía».

80 e máis anos

A vacinación das persoas de 80 e máis anos continúa nos centros de saúde de cabeceira e xa se está convocando a aquelas persoas que, por diferentes motivos, non puideron acudir á primeira cita e aínda non se vacinaron. No que vai de campaña, xa se vacinaron máis de 35.000 persoas nesta franxa de idade na Área Sanitaria de Vigo.

No que respecta á vacinación de persoas maiores en centros residencias e centros sociosanitarios, -levada a cabo entre setembro e principios do mes de outubro- a vacinación situouse en torno ao 91%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.