Destacados Vigo al minuto

O Concello terá 334 millóns de orzamento e a Xunta anuncia que destina a Vigo 533 millóns

En 2025

Nunha marxe de menos de 24 horas, coñecemos o orzamento do Concello -334 millóns de euros- para o ano que ven e tamén a cantidade que a Xunta anuncia que destinará a nosa cidade en 2025 -máis de 533 millóns-.

Concello de Vigo

Declaracións do alcalde sobre os orzamentos de 2025

Como adiantou o alcalde nunha nota de audio, o orzamento municipal para 2025 ascende a 334.616.000€, o que supón 18 millóns e un 5,3% máis que o ano pasado.Trátase, explica Abel Caballero, do 18º orzamento consecutivo en tempo en forma, «en consonancia coa etapa de estabilidade política que vive a cidade desde 2007″.

Débeda cero

Na súa opinión, son unhas contas impulsoras da economía, nun contexto no que é preciso utilizar o gasto público para seguir impulsando o crecemento económico e a marcha da cidade. “Se caracterizan pola solvencia económica”, dixo, “a única cidade galega con débeda cero” e o menor prazo de pago a provedores, cun prazo medio de 8,5 días.

Máis de 44,6 millóns de investimento

Os investimentos alcanzan os 44.644.462 millóns, 7,2 millóns máis que en 2024 (+16%), cando a cifra xa era “superlativa” con 37.429.215 euros, polo que o total do capítulo de inversión alcanza os 47.990.142€. Segundo estas cifras, un 14% do gasto público municipal vai destinado directamente a inversión ou o que é o mesmo “á transformación da cidade e ao impulso da economía e isto é posible porque somos bos xestores”.

Estos son os principais proxectos:

Partidas sociais, Emprego, Turismo e Festas

  • Subvencións.-34.826.350€
  • Servizos Sociais e promoción social.-25,3 millóns
  • Deportes.- 18.968.678€
  • Cultura.- 18.544.050€
  • Educación.-18.147.298€
  • Festas.- 5.280.180€
  • Emprego.- 5.212.586€
  • Turismo, 3.505.978€

Servizos Públicos

  • Educación, deporte, igualdade, benestar social.- 63,4 millóns
  • Seguridade e mobilidade cidadá.- 45,2 millóns
  • Medio Ambiente.-17,4 millóns
  • Transporte público.-16,7 millóns

Xunta de Galicia

Declaracións de Ana Ortiz sobre as inversións da Xunta en Vigo en 2025

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asegura que a Xunta de Galicia fará o ano 2025 un “esforzo sen precedentes” na nosa cidade. Ortiz afirma que «son unha aposta rotunda pola cidadanía viguesa e poñen o foco nas persoas e nas necesidades das familias”.

Polo miúdo, segundo os datos da propia Delegación:

  • Educación.-303 millóns
  • Política Social.- 103 millóns
  • Vivenda.- 71 millóns dos que 42,1 están destinados a Vivenda de promoción pública e outros 15,5millóns para solo residencia, nos dous casos en Navia
  • Xustiza e Deportes.- 48 millóns (cunha partida de 2,8 millóns para xustiza gratuita)
  • Infraestruturas.- 26, 9 millóns (Centro Saúde Olimpia Valencia 10,9 millóns; Centro de Asociacionismo (vellos xulgados), con 10 millóns; Fondos de Cooperación Local para o Concello de Vigo 6 millóns); Teatro Fraga (1,5 millóns), ETEA (1,2 millóns), CRAPD do Meixoeiro (1,1millóns) e a senda Vigo-Ramallosa (1 millón)
  • Educación.– 5,4 millóns ( en concreto CIFP Valentín Paz Andrade 2 millóns; IES Domingo Villar 1,8 millóns e CIFP Manoel Antonio 1,6 millóns)

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.