A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Villagarcía de Arousa poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de actividades formativas “co obxectivo de impulsar e promover as oportunidades laborais e o futuro profesional dos participantes”. Trátase dunha serie de cursos en modalidade en liña e presencial subvencionados na súa totalidade.
Profesionais traballadores por conta allea, autónomos e desempregados
Esta formación está dirixida a profesionais traballadores e autónomos do sector comercio, así como persoas desempregadas, “que teñan experiencia laboral no sector e queiran mellorar as súas competencias”.
Tamén en vigoalminuto
- La asociación viguesa Decidet pide un “debate transparente” sobre la Prevención del Suicidio
- Esta etapa la gana Palestina
- Un tren de máis de 10 metros para os cativos porriñeses
- El Catastro rechaza el recurso del Concello sobre la propiedad de los antiguos juzgados de la rúa Lalín
- Investigado por intentar enterrar vivos a 12 cachorros
- Cien alumnos de 6º de Medicina, cursan desde hoy, su último año en centros de salud de Vigo
13 cursos
A formación abrangue unha ampla variedade temática e componse dun total de 13 cursos. Oito deles impártense de maneira presencial na Cámara de Comercio, mentres que os cinco restantes ofrécense en modalidade en liña.
Algúns dos cursos dispoñibles son:
- Competencias dixitais básicas (60h. modalidade presencial)
- Interiorismo (75h. modalidade presencial)
- Photoshop (50h. modalidade presencial)
- Xestión de comunidades virtuais (100h modalidade presencial)
- Xestión e Control de compras e stock en almacén (30h.modalidade en liña)
- Mellora da xestión de existencias e beneficios no comercio (50h.modaliadad en liña)
Aqueles interesados que cumpran os requisitos e queiran participar nesta iniciativa formativa poden acceder a toda a información premendo AQUÍ. Para calquera consulta, podes chamar ao teléfono gratuíto 900 100 957, mandar un WhatsApp ao 619 926 324 ou un correo electrónico a este enderezo: [email protected].