A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de catro colectivos doutros tantos concellos da provincia: Cangas, Caldas de Reis, Soutomaior e Vigo. A través desta iniciativa, a Deputación busca promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.
Luns 14 e martes 15
Desta maneira, este luns 14 de outubro usuarias da Asociación de Veciños Espiñeira – San Cibrán, de
Cangas, comezarán o obradoiro de personalización de álbums. E o martes 15 iniciarán as accións formativas tres asociacións: A Asociación de Mulleres Rurais Santa Lucía de Arco, de Caldas de Reis, comezará o curso de pintura; a Asociación Veciñal e Cultural de Moreira, de Soutomaior, o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos, mesmo curso que realizarán as integrantes da Asociación Doa Saúde Mental de Vigo.
Ademais en vigoalminuto
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará

- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo

- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre

- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo

- La Xunta acepta reunirse con el Concello por el Mundial 2030… siempre que participe el Gobierno de España

- Unha borrasca camiña cara a Galicia cun temporal de choiva, vento e ondas de ata seis metros

5.000 mulleres, 207 obradoiros, entidades de 53 concellos da provincia
No marco do programa +Xuntas este ano terán lugar 207 obradoiros dirixidos a entidades de 53 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres, apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, xa que cada un dos cursos está dirixido a un máximo dunhas 20-25 persoas. Ás entidades ofrecéronselle 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.
Concellos
Os obradoiros de +Xuntas adxudicáronse a colectivos de:
- Agolada
- Arbo
- Baiona
- Barro
- Bueu
- Caldas deReis
- Cambado
- Campo Lameiro
- Cangas
- A Cañiza
- Catoira
- Cerdedo-Cotobade
- Covelo
- Crecente
- Cuntis
- Dozón
- A Estrada
- Fornelos de Montes
- O Grove
- A Guarda
- A Illa de Arousa
- Lalín
- A Lama
- Marín
- Meaño
- Meis
- Moaña
- Mondariz
- Moraña
- Mos
- Oia
- Pazos de Borbén
- Poio
- Ponte Caldelas
- Ponteareas
- Pontevedra
- Portas
- Redondela
- Rodeiro
- O Rosal
- Salceda de Caselas
- Salvaterra de Miño
- Sanxenxo
- Silleda
- Soutomaior
- Tomiño
- Tui
- Valga
- Vigo
- Vilaboa
- Vila de Cruces
- Vilagarcía de Arousa
- Vilanova de Arousa.
